Natalia Litvinova
Natalia Litvinova, nada en Homieĺ, Belarús, en 1986 é unha escritora e editora arxentina de orixe belarusa, dedicada ao campo da poesía e da tradución.
Natalia Litvinova | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1986 |
Lugar de nacemento | Homieĺ e Belarús |
Nacionalidade | Belarús |
Ocupación | poeta e tradutora |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Litvinova naceu en Homieĺ, Belarús, en 1986, cinco meses despois do accidente na central nuclear de Chernóbil. Nos anos 90, cando estaba a piques de cumprir os dez anos, a súa familia decidiu emigrar a Bueno Aires.[1]
Comezou a escribir versos motivada pola poesía e a tradición oral de Lorca: o conto, os chistes, os chismes, as cancións.[2] Con vinte anos asistiu a un obradoiro impartido polo poeta arxentino Javier Galarza. Alí deu forma ao seu primeiro poemario, no que recolle certos acontecementos acontecidos na súa infancia.[3] Á hora de compoñer a súa obra, Litvinova inspírase en autores que escribiron sobre guerras e exilios desde diferentes perspectivas e experiencias, con cuxos temas se sente identificada.[4] En 2016 creou xunto a Tom Maver a Editorial Llantén, con sede en Buenos Aires, especializada na tradución de poesía rusa clásica, contemporánea e marxinal. Compilou e traduciu varias escolmas de poetas rusos da Idade de Prata como Innokenti Ánnenski, Sergei Esenin ou Marina Tsvetaeva, entre outros.[2] Impartiu obradoiros e cursos de escritura na Fundación Centro Psicanalítico Arxentino, dirixe a colección de tradución de Melón editora[5] e coordina a sección dedicada ás letras arxentinas da Revista Ombligo.[6] Representou a Arxentina no IX Festival Internacional de Poesía de Granada (Nicaragua) en 2015.[3] A súa poesía foi traducida ao francés e publicada pola editorial francesa Al Manar.[7]
En maio de 2022 foi a gañadora da Residencia Latitude 43, convocada pola Residencia Literaria 1863 co patrocinio do concello da Coruña.[8] El xurado estivo composto por Berta Dávila, Dores Tembrás e Afonso Becerra de Becerreá.
ObraEditar
PoemariosEditar
- Esteparia (2010). Ediciones del Dock. Reeditado en España e en Uruguai.
- Balbuceo de la noche (2012). Melón editora. ISBN 987283471-7.
- Grieta (2012). Gog y Magog. Reeditado en España e en Costa Rica. ISBN 978-84-16149-09-4.
- Rocío Animal (2013). La Pulga Renga.
- Todo ajeno (2013). Vaso roto. ISBN 978-84-15168-71-3.
- Cuerpos textualizados (2014). Letra viva. Escrito en coautoría con Javier Galarza
- Siguiente vitalidad (2015). Audisea. Reeditado en España (por La Bella Varsovia, en 2016), México e Chile
- Cesto de trenzas (2018). La Bella Varsovia. ISBN 978-84-946544-8-0.
- La nostalgia es un sello ardiente (2020). Llantén. Reeditado en España (por La Bella Varsovia, en 2020) ISBN 978-987-863-981-9.
- Soñka, manos de oro (2021). Lantén. 72 páxs. ISBN 9789874768384.
AntoloxíasEditar
- Jardín, cien poemas sobre flores, de cien poetas argentinxs. Proxecto Camalote.
- Antología premio estímulo 2017 (2017). Vinciguerra. ISBN 978-987750175-9.
PremiosEditar
- 2017: Premio estímulo da Fundación Arxentina para a Poesía.
NotasEditar
- ↑ "De Bielorrusia, con poesía". LA NACION (en castelán). 2013-05-17. Consultado o 2022-05-21.
- ↑ 2,0 2,1 "4B íntimo: Entrevista a Natalia Litvinova Cuatro Bastardos". cuatrobastardos.com (en castelán). 2018-04-06. Consultado o 2022-05-21.
- ↑ 3,0 3,1 adminv (2015-02-11). "¿Qué nos quisimos decir con ese silencio? Una entrevista a Natalia Litvinova" (en castelán). Consultado o 2022-05-21.
- ↑ "Cosmopoética busca el eco ruso en poemas traducidos al español". La Vanguardia (en castelán). 2014-10-02. Consultado o 2022-05-21.
- ↑ "Natalia Litvinova: "Soy como un conjunto de muros que rodea lo que soy".". Festival Internacional de Poesía de Granada, Nicaragua (en castelán). 2015-02-03. Arquivado dende o orixinal o 09/08/2022. Consultado o 2022-05-21.
- ↑ Mordzinski, Daniel. "3. Natalia Litvinova". ctxt.es (en castelán). Consultado o 2022-05-21.
- ↑ Press, Europa (2020-08-26). "Cita con las propuestas poéticas de Ramón Buenaventura y de Natalia Litvinova en Agosto Clandestino". www.europapress.es. Consultado o 2022-05-21.
- ↑ "Encuentro y lectura con la poeta Natalia Litvinova -... - NUMAX". numax.org (en castelán). Consultado o 2022-05-21.