Abrir o menú principal

Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom

filme de 2006 dirixido por Toshiyuki Tsuru

Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom (大興奮!みかづき島のアニマル騒動だってばよ! Dai Kōfun! Mikazuki-jima no Animaru Panikku Dattebayo!) é un filme de animación xaponés dirixido por Toshiyuki Tsuru e escrito por Junki Takegami que foi estreado no 2006. É o terceiro filme baseado no anime e manga Naruto creado por Masashi Kishimoto. É o derradeiro da serie de filmes de Naruto anteriores a Naruto: Shippūden.

Naruto a película 3: A gran excitación! Pánico animal na illa da Lúa
Ficha técnica
Título orixinalNaruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom
DirectorToshiyuki Tsuru
ProdutorStudio Pierrot, Sunrise
GuiónKatsuyuki Sumisawa
Historia: Masashi Kishimoto
IntérpretesJunko Takeuchi
Chie Nakamura
Yōichi Masukawa
Kazuhiko Inoue
MúsicaToshio Masuda
DistribuidoraToho Company Ltd.
Estrea2006
Duración95 minutos
OrixeFlag of Japan.svg Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorNaruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel
Filme seguinteNaruto: Shippūden the Movie

ArgumentoEditar

Cronoloxicamente o filme está situado antes da partida de Naruto con Jiraiya.

Trata dunha misión que lle asignan ó equipo de Kakashi só que, para substituír a Sasuke, con eles vai Rock Lee.

A misión consiste en que teñen que protexer ó príncipe do País da Lúa, un país moi rico. No transcurso da misión Naruto coñece ó fillo do Príncipe, Hikaru, quen é moi molesto e desagradable ó principio, xa que el pensa que ter soños é de estúpidos e que todo se pode mercar, mesmo os amigos.

Nunha das súas paradas chegan a un circo, o cal é mercado polo Príncipe xa que o cativo quería un tigre siberiano, e o pai encariñárase co circo.

Logo dunha gran treboada onde a embarcación se ve obrigada a diminuír a carga, o neno ármase de valor e decide rescatar ó tigre da súa gaiola. Porén, a gran treboada fai que caia ó mar xunto coa gaiola, pero é rescatado por Naruto. Ó día seguinte Naruto recoñece o seu valor por salvar ó tigre e fai a promesa (xunto con Sakura e Rock Lee) de seren amigos por sempre.

Ó chegar ó País da Lúa, o príncipe vai ó pazo de seu pai pero estráñase de non ver a ninguén e de non ser recibido polo seu pai. De súpeto, son atacados polos soldados de Shabadaba, quen quere facerse rico facéndose coas fortunas do país. O grupo de Kakashi intervén; Naruto, Sakura e Rock Lee, protexendo ó príncipe e ó seu fillo, e Kakashi axudando a que puidesen fuxir do pazo.

Shabadaba tamén contratou os servizos de tres ninjas (Ishidate, Kongou e Karenbana) para facilitar o seu ascenso ó poder e encárgalles a misión de eliminar ó príncipe e ó seu fillo para poder el quedar co trono.

PersonaxesEditar

Véxase taménEditar