Narrow Stairs é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Death Cab for Cutie, publicado o 12 de maio de 2008 no Reino Unido e un día despois nos Estados Unidos a través dos selos Atlantic Records e Barsuk Records.

Narrow Stairs
Álbum de Death Cab for Cutie
Publicado12 de maio de 2008
Duración44:50
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Atlantic Records, Barsuk Records
Producido porChris Walla
Cronoloxía
Plans Narrow Stairs The Open Door EP

Editáronse catro sinxelos do álbum: "I Will Possess Your Heart", "Cath...", "No Sunlight" e "Grapevine Fires". "I Will Possess Your Heart" chegou ao número 6 na lista estadounidense Alternative Songs, foi a canción do ano en iTunes UK e foi nomeada nos Grammy ao premio á Mellor canción de rock. "Cath..." e "Grapevine Fires" acadaron o número 10 e 21 na lista Alternative Songs, respectivamente.[1]

Narrow Stairs foi número 1 na lista Billboard 200, sendo o único álbum da banda en acadar esa posición ata a data.[2]

Listaxe de cancións editar

N.º Título Duración
1. "Bixby Canyon Bridge"   5:15
2. "I Will Possess Your Heart"   8:25
3. "No Sunlight"   2:40
4. "Cath..."   3:50
5. "Talking Bird"   3:23
6. "You Can Do Better Than Me"   1:59
7. "Grapevine Fires"   4:09
8. "Your New Twin Sized Bed"   3:06
9. "Long Division"   3:50
10. "Pity and Fear"   4:21
11. "The Ice Is Getting Thinner"   3:45
Cancións extra da iTunes Store
N.º Título Duración
12. "I Will Possess Your Heart" (Radio Edit) 4:08
13. "Album Credits" (As Read by Mike West) 2:51
14. "The Ice Is Getting Thinner" (Demo) 3:30
15. "No Sunlight" (Demo) 3:25

As dúas últimas demos tamén se incluíron na edición en vinilo do álbum.

Notas editar

  1. Billboard (ed.). "Death Cab for Cutie - Alternative Songs". Consultado o 31 de marzo de 2018. 
  2. Billboard (ed.). "Death Cab for Cutie - Billboard 200". Consultado o 31 de marzo de 2018.