Nancy Witcher Langhorne Astor, Vizcondesa Astor, nada en Danville (Virxinia) o 19 de maio de 1879 e finada en Grimsthorpe (Inglaterra) o 2 de maio de 1964, foi unha política británica nada nos Estados Unidos que foi a primeira muller membro do parlamento, en que estivo entre 1919 e 1945.[1][2]

Nancy Astor
Nome completoNancy Witcher Astor
Nacemento19 de maio de 1879
Lugar de nacementoDanville
Falecemento2 de maio de 1964
Lugar de falecementoGrimsthorpe Castle
NacionalidadeReino Unido, Estados Unidos de América e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
RelixiónCiência Cristã
Ocupaciónpolítica, socialité, activista polos dereitos das mulleres e sufraxista
PaiChiswell Langhorne
NaiNancy Witcher Keen
CónxuxeWaldorf Astor e Robert Gould Shaw II
FillosRobert Gould Shaw III, David Astor, William Astor, 3rd Viscount Astor, Jakie Astor, Michael Astor e Nancy Phyllis Louise Astor
IrmánsIrene Langhorne Gibson, Nora Langhorne, Phyllis Langhorne e Elizabeth Dabney Langhorne
Na rede
IMDB: nm2107289 WikiTree: Langhorne-77 Find a Grave: 60961299 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O primeiro marido de Astor foi o estadounidense Robert Gould Shaw II; a parella separouse despois de catro anos e divorciouse en 1903. Mudouse a Inglaterra e casou con Waldorf Astor. Despois de que o seu marido ascendese á nobreza e entrase na Cámara dos Lords, ela entrou na política como membro do Partido Conservador e gañou o escano por Plymouth Sutton en 1919, converténdose na primeira muller en sentar como MP (membro do parlamento) na Cámara dos Comúns.[1]

Serviu no Parlamento ata 1945, cando foi animada a renunciar. Astor foi criticada polo seu antisemitismo e a súa visión comprensiva do nazismo.[3][4][5]

Legado editar

En 1982 a BBC emitiu unha serie de televisión en nove partes sobre a súa vida, Nancy Astor, que protagonizou Lisa Harrow. Instalouse unha estatua de bronce de Lady Astor en Plymouth, preto da súa antiga casa familiar, en 2019 para conmemorar o centenario da súa elección ao Parlamento.[6]

O antisemitismo de Astor está amplamente documentado e foi criticado en anos recentes, particularmente cando a ex primeira ministra Theresa May desvelou a estatua na súa honra en 2019 coa asistencia do primeiro ministro Boris Johnson,[3][5][7] e posteriormente cando a parlamentaria laborista Rachel Reeves conmemorou a Astor nunha serie de chíos.[8] O entón líder do Partido Laborista, Jeremy Corbyn, aínda que se opuxo ao seu antisemitismo, recoñeceuna como a primeira muller MP que asumiu o cargo e por iso eloxiou a instalación da estatua comentando "Estou realmente contento de que se erga esta estatua".[9]

Durante as protestas pola morte de George Floyd en 2020, apareceu pintada a palabra "Nazi" na súa base. A estatua aparece na listaxe publicada pola páxina web Topple the Racists.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Constance Markievicz, membro do Sinn Féin, foi a primeira muller elixida para o Parlamento en 1918, mais rexeitou tomar asento seguindo a política do partido. Ademais estaba arrestada na prisión de Holloway nese tempo. En cambio, Markievicz entrou no An Chéad Dáil da República Irlandesa revolucionaria.
  2. "Women in the House of Commons". UK Parliament (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Brazell, Emma (29 de novembro de 2019). "Theresa May under fire after unveiling statue of 'Nazi-sympathising' MP". Metro (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2019. 
  4. JC Reporter (2 de decembro de 2019). "Who was Nancy Astor? The first woman to take her seat in parliament was also branded 'a vicious antisemite'". Consultado o 5 de decembro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Morris, Steven (28 de novembro de 2019). "Theresa May unveils statue of pioneering MP Nancy Astor". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 5 de decembro de 2019. 
  6. Tidman, Zoe (29 de novembro de 2019). "Theresa May unveils statue of 'virulently antisemitic' first woman MP". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2022. Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  7. Childs, Simon (29 de novembro de 2019). "Oops! Theresa May Unveiled a Statue to a Racist MP". Vice. Consultado o 5 de decembro de 2019. 
  8. @. "#OTD one hundred years ago, the first speech by a woman in the House of Commons was given by Nancy Astor, MP for Plymouth Sutton between 1919–45. (1/7)" (Chío) – vía Twitter. 
  9. "GE2019: Women MPs the focus as Prime Ministerial candidates come to West Country". ITV News. 29 de novembro de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  10. "'Nazi' sprayed on Nancy Astor MP statue". BBC News (en inglés). 24 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar