Najwa Kawar Farah
escritora palestina
Najwa Kawar Farah (árabe: نجوى قعوار فرح), nada en Nazaret en 1923 e finada en Toronto o 1 de agosto de 2015[1], foi unha educadora e escritora palestina.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1923 Nazaret, Israel |
Morte | 1 de agosto de 2015 (91/92 anos) Toronto, Canadá |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Páxina web | najwafarah.com |
Traxectoria
editarEstudou na súa vila natal e na Academia de Profesores de Xerusalén. Deu clase en Nazaret. En 1950[3] casou co reverendo Rafiq Farah[2], con quen creou a revista al-Ra'id en 1967. Farah escribiu artigos tamén para a prensa e a radio.
Viviu en Haifa ata mediados da década de 1960, cando deixou a rexión.[2] En 1965 a familia mudouse a Xerusalén, despois en 1977 a Beirut, a Londres en 1986 e en 1998 establecéronse en Scarborough (Ontario, Canadá).[3]
- Abiru al-sabil ("Os pasaxeiros"; relatos, 1954)
- Durub masabih ("Sendeiros da lámpada"; relatos, 1956)
- Mudhakkirat rihla ("Memorias dunha viaxe; autobiografía, 1957)
- Sirr Shahrazad ("O segredo de Sheherazade"; teatro, 1958)
- Malik al-majd ("Rei da gloria"; teatro, 1961)
- Li-man al-rabi'? ("A quen pertence a primavera?"; relatos, 1963)
- Silsilat qisas li-I-ashbal ("Unha serie de historias para xente nova"; literatura infantil, tres volumes, 1963–65)
- Intifadat al- 'asafir ("O levantamento do pardal"; relatos, 1991)
- Sukkan al-tabiq al- 'ulwi ("A xente de arriba"; novela, 1996)
Notas
editar- ↑ "Obituaries: Najwa Kawar Farah". Washington Post (en inglés). 23 de agosto de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Ashour, Radwa; Ghazoul, Ferial (2008). Arab Women Writers: A Critical Reference Guide, 1873-1999. pp. 220, 382–83. ISBN 1617975540.
- ↑ 3,0 3,1 "The Ven. Rafiq Farah". Church of St. Andrew, Scarborough. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Najwa Kawar Farah - A Personal Voyage".
- Robson, Laura (Verán 2014). "The Making of Palestinian Christian Womanhood: Gender, Class, and Community in Mandate Palestine" (PDF). Journal of Levantine Studies 4 (1). pp. 41–63. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2019.