Najat el Hachmi, nada en Nador (Marrocos) o 2 de xullo de 1979, é unha escritora española de orixe marroquí e colaboradora en diversos medios de comunicación.

Infotaula de personaNajat el Hachmi

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Nador, Marrocos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfro-Catalan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - Literatura árabe Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio, novela, belas letras e actividade literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnovelista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua catalá, árabe e Lingua bérber Editar o valor em Wikidata
Participou en
17 de outubro de 2012Q64755659 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnajatelhachmi.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2948225 Facebook: sara.zara.9883 Instagram: najat_el_hachmi Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na cidade marroquí de Nador e ao oito anos trasladouse a Vic onde residía o seu pai, que emigrou a Cataluña antes de que ela nacese. En Vic creceu e realizou a súa formación académica até chegar á Universidade de Barcelona onde estudou filoloxía árabe.[1]

Tamén tivo diversas ocupacións: empregada da limpeza, cociñeira, monitora de deportes e mediadora da Delegación de Ensino de Vic onde traballaba cando presentou en 2004 o seu primeiro libro: Eu tamén son catalá[2]. Escrito en catalán e posteriormente traducido ao castelán, trátase dun texto autobiográfrico no que abordou en profundidade a súa experiencia como inmigrante, a cuestión da identidade e o seu proceso de arraigamento en Cataluña, a lingua, a relixión, as mulleres, o sentimento de perda cara a Marrocos e a súa relación co país de adopción.

O éxito chegoulle en 2008 con El último patriarca que recibiu o Premio Ramon Llull, o Prix Ulysse á primeira novela 2009 e foi finalista do Prix Méditerranée Étranger 2009. No libro a autora axusta contas co machismo e a violencia dos xefes de familia ancorados no conservadorismo e a tradición por encima de todo, en contraposición coa historia da súa filla, moza que busca a liberdade desprendéndose dun legado social que non elixiu.[3] O libro foi traducido a numerosas linguas, entre elas o inglés, francés, italiano, portugués, turco, romanés e árabe.[4]

En outubro de 2012 asinou, xunto cun centenar de profesionais, un manifesto a favor do federalismo en Cataluña e en 2015 apoiou á confluencia de esquerdas Catalunya Sí que es Pot.[5][6]

En 2015 publicou La hija extranjera coa que logrou o Premio Sant Joan de novela, o terceiro galardón literario mellor dotado en catalán e cuxo argumento se centra no conflito de identidades entre unha nai e unha filla.[7]

En 2021 gañou o premio Nadal, coa novela El lunes nos querrán.[8][9]

Publicacións editar

  • 2004 Eu tamén son catalá. Jo també sóc catalá. Editorial Columna. ISBN 84-664-0424-4
  • 2008 O último patriarca. L'últim patriarca. Editorial Planeta. ISBN 978-84-9708-185-6
  • 2008 L'home que nedava, relato na recompilación O llibre da Marató. Vuit relats contra lles malalties mentals greus. Editorial Columna. ISBN 9788466409643
  • 2011 La cazadora de cuerpos Planeta ISBN 9788408098775 La caçadora de cossos.
  • 2015 La hija extranjera. Planeta ISBN 9788423349968 - La filla estrangera. Editorial 62. ISBN 978-84-297-7468-9
  • 2018, Madre de leche y miel. Ediciones Destino.
  • 2019, Siempre han hablado por nosotras. Ediciones Destino. ISBN 9788423356041.
  • 2023, Mère de lait et de miel édition Verdier. ISBN 2378561598.

Notas editar

  1. "Najat El Hachmi". CCCB (en castelán). Consultado o 2021-01-07. 
  2. "Presentació de "Jo també sóc catalana" a La Tralla" (en catalán). Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  3. País, Ediciones El (2 de febrero de 2008). "Entrevista | "He intentado alejarme de unos orígenes que duelen"" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  4. "Najat El Hachmi | Planeta de Libros" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  5. "Un centenar de professionals d'esquerres signen pel federalisme i contra la independència". Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  6. "Catalunya Sí que es Pot s'erigeix en "alternativa" al "model d'Artur Mas"". Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  7. BARCELONA, ERNEST ALÓS / (16 de junio de 2015). "Najat el Hachmi, premio BBVA Sant Joan de novela". Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  8. "Najat El Hachmi gana el premio Nadal" (en castelán). 2021-01-06. Consultado o 2021-01-06. 
  9. Geli, Carles (2021-01-06). "La novela comprometida y feminista de Najat el Hachmi gana el premio Nadal". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2021-01-06.