Nadia Calviño

política española
(Redirección desde «Nadia María Calviño Santamaría»)

Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968,[1] é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, foi a Ministra de Economía e Empresa de España.[2] En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.[3] É filla do ex-director de TVE José María Calviño.

Infotaula de personaExcelentísima Señora Editar o valor em Wikidata
Nadia Calviño

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Nadia María Calviño Santamaría Editar o valor em Wikidata
3 de outubro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Presidenta Banco Europeo de Investimento
1 de xaneiro de 2024 –
← Werner Hoyer
Ministra de Asuntos Económicos
21 de novembro de 2023 – 29 de decembro de 2023 – Carlos Cuerpo Caballero →
Nomeado por: Pedro Sánchez
Vicepresidenta primeira do Goberno de España
13 de xaneiro de 2020 – 29 de decembro de 2023 – María Jesús Montero →
Nomeado por: Pedro Sánchez
Ministro de Economía e Empresa
7 de xuño de 2018 – 20 de novembro de 2023 – José Luis Escrivá, Nadia Calviño → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia - licenciatura en Dereito (–2001)
Universidade Complutense de Madrid - licenciatura en Ciencias Económicas (–1991) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBanco Europeo de Investimento (2024–)
Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (2018–2023)
Comisión Europea (2006–2018)
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa, lingua francesa, lingua alemá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
IMF 2019 Annual Meetings (en) Traducir
IMF 2022 Annual Meetings (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé María Calviño Editar o valor em Wikidata
ParentesXulio Calviño Iglesias (tío) Editar o valor em Wikidata

Twitter: nadiacalvino BNE: XX4977366 Dialnet: 91014 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Formación

editar

Nadia Calviño licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid en 1991, e en Dereito pola UNED, en 2001.

Etapas e España

editar

Calviño foi entre 1989 e 1997 consultora económica en dous despachos de avogados de Madrid e, entre 1991 e 1994 foi profesora asociada de Política Económica e do Sistema Financeiro español na Universidade Complutense.[4]

A titular de Economía, que é Técnica comercial e Economista do Estado (actualmente en excedencia), traballou durante dez anos no ámbito da administración pública, no Ministerio de Economía e Facenda, onde desempeñou numerosos cargos. Entre 1994 e 1996 foi xefa de servizo na Dirección de Análises do Traballo de Mercado e Prezos na Dirección Xeral de Previsión e Coxuntura e, en 1998, subdirectora de Análises Macroeconómicos e Previsións na Dirección Xeral de Política Económica e Defensa da Competencia. Entre 1999 e 2000 foi xefa do Gabinete do director xeral de Política Comercial e Investimento Estranxeiro da Secretaría de Estado de Comercio e Turismo.[4]

Entre maio de 2004 e agosto de 2006, durante o mandato de Pedro Solbes, foi nomeada directora xeral de Defensa da Competencia.[4]

Etapa na Unión Europea

editar

No ano 2006 pasou a traballar na Comisión Europea. En Bruxelas foi subdirectora de Competencia (DG COMP) desde setembro de 2006 a outubro de 2010, cargo que deixou para ocupar até abril de 2014 o cargo de subdirectora de Mercado Interior (DG MARKT).[4]

A principios de abril de 2014 foi nomeada directora xeral de Orzamentos.[5][6]

Ministra de Economía no goberno de Pedro Sánchez

editar

En 2018 foi elixida ministra de Economía por Pedro Sánchez, despois da moción de censura que o PSOE presentou contra o goberno de Mariano Rajoy e que foi aprobada polo Congreso dos Deputados o 1 de xuño de 2018.[7]

O 7 de xuño foi nomeada ministra de Economía e Empresa,[8][9] tomando posesión do cargo o día seguinte.

Na súa toma de posesión como ministra mostrou o seu agradecemento aos seus predecesores e mentores. Dos socialistas —Pedro Solbes, Joaquín Almunia e David Vegara— dixo que sen eles non podería ter chegado a Europa. E do ministro saínte, Román Escolano, recordou que non só fora o seu preparador das oposicións, senón que era tamén «un amigo», destacando que tomara unha decisión «moi difícil» ao aceptar substituír a Luis de Guindos, «pero que fora moi valente, e con iso amosou o seu compromiso con España, polo que todos debemos de estarlle agradecidos».[2]

En xaneiro de 2020, no goberno de coalición entre o PSOE e Unidas-Podemos, continuou de ministra e ademais foi nomeada Vicepresidenta Terceira,[10] tomando posesión o 13 do mesmo mes[11] como Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Despois das eleccións xerais de 2023, nas que volveu repetir como presidente de goberno Pedro Sánchez, ela tamén repetiu como ministra de Asuntos Económicos.

O 8 de decembro de 2023, foi elixida como a vindeira presidenta no Banco Europeo de Investimento (BEI),[12] polo que tivo que deixar o goberno o día 29 no que se nomeou como substituto a Carlos Cuerpo,[13] e comezou o seu mandato o 1 de xaneiro de 2024.

Publicacións

editar

Artigos en obras colectivas

editar
  • "Concepto, evolución y nuevos desafíos para el mercado único". En: Tratado de derecho y políticas de la Unión Europea. Coord. por José María Beneyto Pérez, Jerónimo Maillo González-Orús, Belén Becerril Atienza, Vol. 6, 2013 (Mercado Único Europeo y Unión Económica y Monetaria), ISBN 978-84-9903-940-4, pp. 31–72.
  • "La regulación de los mercados y la competencia". En: La regulación de los mercados [Recurso electrónico]: telecomunicaciones, energía y valores, 2009, ISBN 978-84-7787-114-9, pp. 25–38.
  • "La aplicación práctica del derecho de la competencia: el efecto disuasorio de las sanciones". En: 1989-2007 una reflexión sobre la política de defensa de la competencia. Madrid: Círculo de Empresarios, 2008, ISSN 1133-1771, pp. 23–52.

Artigos en revistas

editar
  • "Los costes del despido en España" (Con José Ramón Lorente Hurtado). Economistas, ISSN 0212-4386, Año Nº 14, Nº 69, 1996, pp. 325–335.
  • "Algunas reflexiones para el debate sobre el tratamiento de las eficiencias en el análisis de las concentraciones empresariales". Anuario de la competencia, Nº 1, 2002, pp. 67–92.
  • "El Reglamento 139/2004: novedades sustantivas en el sistema comunitario de control de concentraciones". Anuario de la competencia, Nº 1, 2003, pp. 57–88.
  • "La reforma del sistema español de defensa de la competencia: refuerzo de los instrumentos para luchar contra las conductas más lesivas". Anuario de la competencia, Nº 1, 2005, pp. 63–83.
  • "El proceso de modernización de la política de competencia en España". Gaceta jurídica de la Unión Europea y de la competencia, ISSN 1575-2054, Nº 241, 2006, pp. 5-12.
  • "Regulación y competencia en telecomunicaciones: los retos derivados del nuevo marco normativo". Información Comercial Española, ICE: Revista de economía, ISSN 0019-977X, Nº 832, 2006, pp. 59-74.
  • "La respuesta de la Comisión Europea ante la crisis económica: El papel de la política de la competencia". Civitas. Revista española de derecho europeo, ISSN 1579-6302, Nº. 36, 2010, pp. 479-484.
  • "Reforma de la regulación financiera europea: retos futuros". Información Comercial Española, ICE: Revista de economía, ISSN 0019-977X, Nº 874, 2013, pp. 65–80.

Vida privada

editar

É filla de José María Calviño, que foi director xeral do ente público Radio Televisión Española entre 1982 e 1986.[4]

Fala 4 linguas: castelán, inglés, francés e alemán. Segundo comentou nunha recente entrevista na TVG o galego é a súa materia pendente.[14]

É nai de catro fillos. Entre as súas afeccións están o cinema dos anos 50 e a cociña.[9]

  1. Redacción (14 de marzo de 1986). "Denuncian el voto de unha hija de Calviño menor de edad" (es). abc.es. p. 29. Consultado o 2024-01-02. 
  2. 2,0 2,1 Balseiro, Ana (2018-06-07). "La gallega Nadia Calviño agradece la labor de todos sus predecesores en la toma de posesión de Economía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-02. 
  3. "Noticias. Prensa - Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital (es)". www.mineco.gob.es (en castelán). Consultado o 2020-01-14. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Redacción (2018-06-05). "Nadia Calviño será la nueva ministra de Economía". europapress.es (en castelán). Consultado o 2024-01-02. 
  5. Redacción (2014-04-03). "La Comisión Europea elige a una gallega como directora general de Presupuesto". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2024-01-02. 
  6. Sanhermelando, Juan (28 de marzo de 2018). "Nadia Calviño: "La Comisión Europea no quiere recortes drásticos en los fondos regionales"". El Español. Consultado o 7 de xuño de 2018. 
  7. Redacción. "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez". elpais.com (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  8. "Real Decreto 357/2018, de 6 de junio, por el que se nombran Ministros del Gobierno.". BOE. 7 de xuño de 2018. 
  9. 9,0 9,1 Abellán, Lucía; Claudi, Pérez (06-05-2018). "Nadia Calviño: de Bruselas a Madrid para ser la nueva ministra de Economía". El País. Consultado o 06-05-2018. 
  10. "boe, 2020/01/13" (PDF). boe. Consultado o 13/01/2020. 
  11. Miguel, Bernardo de (2020-01-10). "Nadia Calviño, la llave maestra de Bruselas y los mercados". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-13. 
  12. Redacción/Axencias (8 de decembro de 2023). "Nadia Calviño presidirá el Banco Europeo de Inversiones". rtve.es (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  13. De Antonio, Javier (29 de decembro de 2023). "Sánchez da las riendas del Ministerio de Economía a un perfil técnico, Carlos Cuerpo". larazon.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  14. "Entrevista a Nadia Calviño no programa 'Área Pública' (24/03/2017) | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 07-06-2018-06-07. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Román Escolano
 
Ministro de Economía de España

2018 - 2023
Sucesor:
Carlos Cuerpo