Nacionalismo siciliano

ideoloxía política en Sicilia

O nacionalismo siciliano (ou sicilianismo) é un movemento político nacionalista da rexion autónoma de Sicilia, así como da diáspora siciliana, que procura unha maior autonomía ou a independencia plena[1] respecto de Italia, e promove e defende a cultura, a identidade, a historia e a lingua sicilianas.[2][3]

Bandeira do Movemento Independentista Siciliano.
Localización de Sicilia.

Varios movementos separatistas e autonomistas en Sicilia recibiron apoio na súa maioría da esquerda política, pero tamén en menor medida da dereita e do centro. Historicamente, o partido máis importante do nacionalismo siciliano foi o separatista Movemento Independentista Siciliano, que tivo catro asentos no Senado de Italia e nove na Cámara de Deputados a mediados dos anos 1940.[4]

Notas editar

  1. "Il programma". FNS. Arquivado dende o orixinal o 2013-03-23. 
  2. Amministratore. "PROGRAMMA DI AZZERAMENTO DELLA "MALARAZZA POLITICA". siciliavera.com. Arquivado dende o orixinal o 2013-03-23. 
  3. "Partito dei Siciliani: il programma politico". Arquivado dende o orixinal o 2013-02-05. 
  4. Mobilereference (2010). Travel Sicily, Italy. ISBN 9781607788980. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar