Nacionalismo lezguio

O nacionalismo lezguio é un movemento político nacionalista que afirma que os lezguios son unha nación e defende a unidade do pobo lezguio, no presente dividido entre Rusia e Acerbaixán. O nacionalismo lezguio ten connotacións irredentistas e persegue a creación do Lezguistán, unha entidade política unificada creada nas áreas de maioría lezguia que se atopan na fronteira entre a república de Daguestán (en Rusia)[1] e Acerbaixán.

Bandeira étnica dos lezguios.
Área dos lezguios na fronteira entre Rusia e Acerbaixán.

Historia editar

En xullo de 1990 creouse o Movemento Nacional Lezguio, "Sadval" (Unidade), na cidade de Derbent (Daguestán, daquela pertencente á Unión Soviética).[2] O movemento pedía a unificación do pobo lezguio porque se lles "negou a oportunidade de desenvolver a súa cultura" baixo o dominio soviético.

Sadval non atopou apoio en Acerbaixán, e ademais, foi acusado do atentado con bomba do 19 de marzo de 1994 no metro de Bakú durante o cal morreron 27 persoas.[3] Existe evidencia de que o Servizo Secreto de Armenia participou na creación de Sadval, achegando financiamento, adestramento e armamento aos seus militantes.[4]

Notas editar

  1. Markedonov, Sergey (2010). Radical Islam in the North Caucasus. Center for Strategic and International Studies. p. 2. ISBN 0892066148. 
  2. Minorities at Risk Project, Chronology for Lezgins in Russia, 2004 (consultado o 21 de setembro de 2011)
  3. "Acts of terrorism in Metro in other countries". Pravda. Arquivado dende o orixinal o 2010-08-14. Consultado o 2010-03-29. 
  4. Coene, Frederik (2009). The Caucasus: an introduction. Taylor & Francis. p. 161. ISBN 0415486602.