Nacionalismo africano

O nacionalismo africano é un termo pannacionalista que se refire a un grupo de ideoloxías políticas, principalmente dentro da África subsahariana, que están baseadas na idea de autodeterminación nacional e a creación de estados nación.[1] A ideoloxía xurdiu baixo o dominio colonial europeo durante os século XIX e XX e estaba vagamente inspirado nas ideas nacionalistas dende Europa. Orixinalmente, o nacionalismo africano estaba baseado en esixencias para a autodeterminación e xogou unha función importante en forzar o proceso de decolonización de África (c. 1957–66). Porén, o termo refírese a un gran número  de movementos ideolóxicos e políticos diferentes e non debe ser confundido co panafricanisno que busca a federación de moitos ou de todos estados de nación en África.[2]

Bandeira coas cores panafricanas.
Kenneth Kaunda, un nacionalista anticolonial, nunha xuntanza política en Rodesia do Norte (agora Zambia) en 1960.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar