Nacionalismo (música)

O nacionalismo na música refírese ao uso de materiais recoñecidos como nacionais, en especial na música chamada culta ou clásica. Por exemplo, o uso directo da música tradicional, e o uso de melodías, ritmos e harmonías inspiradas nela. O nacionalismo tamén inclúe o uso do folclore como base para obras programáticas ou óperas.

Nacionalismo (música)
Grupo dos Cinco, representativos do nacionalismo musical ruso
PaísDiversos territorios, principalmente de Europa e América.
XéneroClásica. Relacionado co romanticismo e a música tradicional de distintos pobos.
EstiloMúsica culta con influencia da música tradicional, folclórica e popular.
Circunstancias de creación
Século XIX. Precursores do s. XVIII.

O nacionalismo asóciase xeralmente ao romanticismo musical de mediados do século XIX, pero hai evidencias de precursores do nacionalismo durante todo o século XVIII. O termo tamén se usa a miúdo para describir a música rexional do século XX, especialmente de América Latina. Até hai ben pouco, o nacionalismo musical do XIX foi considerado como unha reacción contra o "dominio" da música romántica alemá.

Estados, países e rexións editar

Os países a miúdo relacionados co nacionalismo musical son Rusia (Mikhaïl Glinka e o Grupo dos Cinco), Bohemia (Bedřich Smetana e Antonín Dvořák), Noruega (Edvard Grieg), Finlandia (Jean Sibelius), Reino Unido (Edward Elgar e Frederick Delius) ou os Estados Unidos (Horatio Parker e Edward Mac Dowell).

Na Península Ibérica editar

As maiores referencias dos compositores do nacionalismo na Península foron o eixo Madrid-Andalucía, coas influencias do flamenco, e Cataluña, a mesma idea de Iberia (obra de Albéniz) ou a Galiza. En Portugal o estilo tivo menos influencia que no Brasil, con autores como Carlos Gomes, Heitor Villa-Lobos ou Francisco Mignone.

O primeiro introdutor deste estilo na Península Ibérica foi o compositor galego Marcial de Adalid.[1] Luísa Villalta resaltou a importancia dese movemento non só para a música en si, senón para a literatura do Rexurdimento e a creación de símbolos de Galicia.[2] Outro compositor do nacionalismo musical galego, xa no século XX, foi Rogelio Groba.

Felip Pedrell foi outro dos pioneiros, introdutor en Cataluña e en España das obras de Wagner (presentado en Portugal polo vasco-portugués António Arroio e os seus irmáns[3]). Como renovador do panorama musical catalán, Pedrell tivo un enorme prestixio e tivo alumnos como Enric Granados, Manuel de Falla, Isaac Albéniz e Lluís Millet entre outros. Foi, ademais, un precursor do nacionalismo catalán.

Notas editar

  1. Diario, Nós (2021-04-27). "Marcial de Adalid, o fundador do "nacionalismo musical"". Nós Diario. Consultado o 2023-01-06. 
  2. Terra, A. Nosa (2022-08-13). "Luísa Villalta, no día das galegas nas letras 2022". A Nosa Terra. Consultado o 2023-01-06. 
  3. Cascudo, Teresa (2005). "WAGNERISMO Y NACIONALISMO MUSICAL EN PORTUGAL: LA INFLUENCIA DEL MUSICÓGRAFO DE ORIGEN ESPAÑOL ANTÓNIO ARROYO". Revista de Musicología 28 (2): 951–960. ISSN 0210-1459. doi:10.2307/20798112. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Apel, Willi. 1968. Harvard Dictionary of Music. Boston: Harvard UP.
  • Grout, Donald J. 1960. A History of Western Music. Nova York: Norton.
  • Stolba, K. Marie. 1990. The Development of Western Music: A History. Dubuque, Iowa: Wm. C. Brown, Inc.
  • Taruskin, Richard. N.D. Nationalism, Grove Music Online ed. L. Macy (consultado o 8 de decembro de 2005)----
 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.