Nacho Monreal

futbolista español

Ignacio Monreal Eraso, nado en Pamplona o 26 de febreiro de 1986, coñecido como Nacho Monreal, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Arsenal da Premier League de Inglaterra.[1]

Nacho Monreal
Información persoal
Nome Ignacio Monreal Eraso
Nacemento 26 de febreiro de 1986 (38 anos)
Lugar de nacemento Pamplona
Altura 1,79 m
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Arsenal
Número 18
Carreira xuvenil
Pamplona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2006 Osasuna B 36 (3)
2006–2011 Osasuna 127 (3)
2011–2013 Málaga 45 (1)
2013– Arsenal 162 (6)
Selección nacional
2004–2005 España sub-19 4 (0)
2007–2009 España sub-21 9 (0)
2009– España 22 (1)
Na rede
Twitter: _nachomonreal FIFA: 299369 UEFA: 99092 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de maio de 2018.
Selección: actualizado a 3 de xuño de 2018.editar datos en Wikidata ]

É internacional absoluto coa selección española desde 2009, coa que disputou a Copa Confederacións de 2013.

Traxectoria editar

Formouse na canteira do C. A. Osasuna. Ziganda -que xa fora o seu adestrador en xuvenís e Osasuna B- fíxoo debutar no primeiro equipo nun partido de Liga de Campións ante o Hamburgo, disputado o 9 de agosto de 2006.[2] Tras unha primeira tempada de adaptación, converteuse en indiscutible nas aliñacións para as seguintes campañas e nun dos mellores laterais esquerdos nacionais, chegando a debutar coa selección española en 2009.[3][4] Co club navarro disputou 144 partidos, marcando tres goles en Primeira División a Levante, Xerez e Hércules.[5][6][7]

De cara á tempada 2011-12, Osasuna decidiu aceptar a oferta de seis millóns de euros procedente do Málaga CF.[8][9] O xogador tiña contrato até 2014 cunha cláusula de doce millóns de euros negociable, a condición de que o equipo interesado non fose o Athletic Club.[10][11] No club malacitano continuou como titular e volveu disputar a liga de Campións. O 27 de xaneiro de 2013, no seu último partido co club malacitano, marcou na vitoria ante o Mallorca (2-3).[12]

O 31 de xaneiro, nas últimas horas antes de que se pechase o mercado invernal, o xogador chegou a un acordo para asinar polo Arsenal, por 10 millóns de euros máis unha cantidade variable en obxectivos.[13] O 16 de marzo anotou o seu primeiro tanto en Premier League, ante o Swansea City.[14] Na súa primeira tempada completa no club inglés logrou a FA Cup 2013-14, aínda que foi suplente habitual de Kieran Gibbs. Na tempada 2014-15 inverteu a situación e consolidouse como titular no equipo londiniense. Nesa campaña logrou a súa segunda FA Cup, competición na que anotou un gol ante o Manchester United[15], e a Community Shield. Na seguinte campaña a súa situación mellorou aínda máis e foi titular en 44 ocasións, conquistando a súa segunda Community Shield. Na tempada 2016-17 continuou, por terceira tempada consecutiva, como titular. No partido de semifinais da FA Cup ante o Manchester City marcou o gol que forzou a prórroga e permitiu eliminar ao club de Pep Guardiola.[16] O 27 de maio logrou a súa terceira FA Cup ao vencer ao Chelsea (2-1).[17] Comezou a tempada 2017-18 conquistando a súa terceira Community Shield, anotando un dos goles da quenda de penaltis ante o Chelsea.[18] Na súa sexta campaña no club inglés destapouse como goleador ao anotar seis goles, un deles ante o Östersunds en Liga Europa.[19]

Selección nacional editar

O 6 de agosto de 2009 foi convocado por primeira vez coa selección española para un partido amigable contra Macedonia.[20] Debutou o 12 de agosto de 2009, substituíndo a Capdevila, no partido que España gañou 2-3 a Macedonia despois de remontar un 2-0 adverso.[21] Logrou ser titular no seu segundo partido, fronte á selección de Armenia, correspondente á fase de clasificación para o Mundial 2010. O primeiro torneo oficial ao que acudiu foi a Copa Confederacións 2013[22]

En outubro de 2016, tras case tres anos de ausencia, regresou nunha convocatoria da man de Julen Lopetegui pola lesión de Jordi Alba nun partido ante Albania de clasificación para o Mundial 2018.[23] O 12 de novembro marcou o primeiro gol nun partido de clasificación ante Macedonia.[24]

O 21 de maio de 2018 foi incluído na lista de 23 xogadores que acudiría ao Mundial de Rusia de 2018, despois de non ser convocado nas dúas últimas convocatorias.[25]

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
FA Cup Arsenal F.C.    2014
Community Shield Arsenal F.C.    2014
FA Cup Arsenal F.C.    2015
Community Shield Arsenal F.C.    2015
FA Cup Arsenal FC    2017
Community Shield Arsenal F.C.    2017

Notas editar

  1. "Nacho Monreal - Perfil del jugador 17/18". 
  2. "Osasuna mantiene vivo el sueño de la Champions | elmundo.es". 
  3. "'Azpi' y Monreal, los mejores laterales de la Liga para Camacho". 
  4. "Monreal: "El lateral izquierdo escasea en el fútbol español" - MARCA.com". 
  5. "El Levante se da un homenaje". 
  6. "Osasuna agua el debut de Gorosito. El Comercio". 
  7. "Osasuna - Hércules, Liga BBVA - Primera División en Marca.com". 
  8. "Osasuna confirma el traspaso de Monreal al Málaga". 
  9. "7.000 personas reciben a Monreal en Málaga | Fútbol | elmundo.es". 
  10. "Monreal: "Yo no tengo nada en contra del Athletic" - MARCA.com". 
  11. "Osasuna blinda a Monreal para evitar su fuga al Athletic". 
  12. "Liga | Mallorca 2-3 Málaga | El Málaga se sitúa en Champions y hunde más al Mallorca - RTVE.es". 
  13. "Nacho Monreal agrees to join Arsenal". 
  14. "Monreal doblega al 'Spanish' Swansea". 
  15. "Oxlade 'cocina' y Nacho Monreal define como un nueve". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  16. "Guardiola se queda sin títulos y el Arsenal luchará por la FA Cup". 
  17. "Resumen FA Cup: El Arsenal salva el año frente al Chelsea". 
  18. "El Arsenal arrebata otro título al Chelsea ganando la Community Shield". 
  19. "Inglaterra: Monreal, un oasis en el desierto del Arsenal". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  20. As.com, ed. (de agosto de 2009). "Monreal: "Esta oportunidad es algo mágico para mí"". 
  21. "Monreal recuerda su debut como 'mágico'". 
  22. "Oficial: Los 23 convocados de Del Bosque para Confederaciones". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  23. "Monreal, de no ir ni convocado a liderar las rotaciones de Lopetegui en Albania. Noticias de Mundial". 
  24. "Selección de España: Monreal se estrena como goleador con la selección - Marca.com". 
  25. "Convocatoria Selección España: La lista de 23 de Lopetegui: Morata se queda fuera del Mundial de Rusia y Monreal es la sorpresa - Marca.com".