Abrir o menú principal

Natividade da Virxe María

(Redirixido desde "Nacemento da Virxe")
O nacemento de María, obra de Giotto para a capela dos Scrovegni, h. 1305.

O nacemento da Virxe ou Natividade de María celébrase como unha festa litúrxica no santoral católico e na maioría dos santorais anglicanos e que se celebra o 8 de setembro, nove meses despois da solemnidade da súa Inmaculada Concepción celebrada o 8 de decembro.

Esta festa, como a da Asunción de María, ten a súa orixe en Xerusalén. Comezou no século V como a festa da basilica Sanctae Mariae ubi nata est, actualmente a Basílica de Santa Ana. No século VII, a festa celebrábase polos bizantinos e en Roma como a festa do nacemento da Bienaventurada Virxe María. A festa tamén se celebra polos cristiáns sirios o 8 de setembro[1] e polos cristiáns coptos no 1 Bashans (isto é, o 9 de maio).

A festa foi incluída no Calendario Tridentino para o 8 de setembro e permaneceu nesa data.

Existen numerosas advocacións marianas locais que se celebran nesta festividade, entre as que destaca en Galicia a da Nosa Señora da Franqueira, na Cañiza.

A escena foi frecuentemente representada na arte, como parte de ciclos da Vida de María. Representacións medievais tardías son a miúdo valiosos documentos de interiores domésticos e os seus arranxos - nesta época o interior é a miúdo de casas adiñeiradas. Entre eles están:

NotasEditar

  1. Calendarium Romanum (Libreria Editrice Vaticana, 1969), p. 102

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar