Abrir o menú principal

Para o pobo de igual nome véxase Partos.
Nai e neno acabado de nacer.

O parto humano, tamén chamado peristallo ou nacemento, é a culminación do embarazo humano, o período de saída do meniño do útero materno.

É considerado por moitos como o inicio da vida da persoa, e a idade dun individuo defínese por este suceso en moitas culturas.

Considérase que unha muller inicia o parto coa aparición de contraccións uterinas regulares, que aumentan en intensidade e frecuencia, acompañadas de cambios fisiolóxicos no colo uterino.[1]

O proceso do parto humano natural categorízase en tres fases: o borramento e dilatación do colo uterino, o descenso e nacemento do neno e o alumeamento ou expulsión da placenta.

Nalgúns embarazos cualificados como de risco elevado para a nai ou o feto, o nacemento ocorre por unha cesárea, que é a extracción do neno a través dunha incisión cirúrxica no abdome, en vez do parto vaxinal.

Na maioría dos casos o parto é un proceso natural que a muller desenvolve con ou sen apoio de outras mulleres experimentadas, entre as que se encontran as chamadas, comadroas ou parteiras, ou por profesionais da área da saúde como as matronas. A participación de médicos especialistas en obstetricia adoita facerse cando aparece algunha complicación do embarazo ou do parto (xa sexa cesárea ou o uso de fórceps).

Índice

Tipos de partoEditar

 
Acabado de nacer vivo feminino nacido a termo xusto antes de cortar o cordón umbilical durante un parto simple.
 
Acabado de necer mostrado á súa nai despois dun parto por cesárea.

Existen diversas modalidades pola que nace o bebé á final do termo do embarazo o, nalgúns casos, antes das 40 semanas ou 9 meses de xestación:

Parto vaxinal espontáneoEditar

No parto natural, o bebé nace atravesando a vaxina da nai, seguindo as indicacións do profesional da saúde, coa asistencia de pouca tecnoloxía ou ningunha e sen a axuda de fármacos.[2] Na maioría dos centros asistenciais o parto vaxinal ocorre nunha posición xinecolóxica, coa xestante en posición decúbito dorsal, é dicir, deitada sobre as súas costas e cos pés sostidos á altura dos glúteos co obxecto de favorecer a comodidade do persoal médico. Coñecese co nome de posición de litotomía,[3] que se usou durante moitos anos como rutina no nacemento. Porén, é unha posición controvertida, pois o parto pode ocorrer naturalmente en posición vertical —por exemplo, ás agachadas— na cal a gravidade axuda á saída natural do neno. Na litotomía existe máis probabilidade de descensos lentos, expulsións prolongadas, sufrimento fetal e esgazaduras perineais maternas.

Idealmente, o contorno da nai no momento do parto debería ser de tranquilidade, sen présas, con intimidade e confianza: luz suave, poucas persoas e pertencentes á súa contorna íntima, unha posición cómoda elixida por ela, talvez música ou flores, ou aromas, se a ela lle gustan.

Tamén existe o parto en auga morna, no propio fogar, en hospitais ou en centros privados.

Parto vaxinal con fórcepsEditar

Ocasionalmente o parto vaxinal ten que ser asistido con instrumentos especiais, como o fórceps ou pinza obstétrica, que prensa a cabeza do neno, coa finalidade de suxeitalo e tirar del fóra da canle do parto. Indícase con pouca frecuencia en certos partos difíciles.

Parto abdominalEditar

Artigo principal: Cesárea.

Cerca do 20 % dos partos en países desenvolvidos realízanse cirúrxicamente mediante unha operación abdominal denominada cesárea.[4]

Non todas as cesáreas son por indicación médica en casos de partos de alto risco, unha porcentaxe deles son electivos, cando a nai elixe por preferencia que o seu bebé non naza vaxinal.

NotasEditar

  1. Centro Nacional de Información sobre a Saúde da Muller (xullo de 2007). Parto (en castelán).
  2. The Nemours Foundation kidsHealth.org (xuño de 2006). Parto Natural (en castelán).
  3. Instituto Químico Biológico. Posiciones - letra P. Diccionario Ilustrado de Términos Médicos (en castelán).
  4. The Journal of the American Medical Association Parto. JAMA, May 4, 2005—Vol 293, Nº 17 (2180) (en castelán).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar