Estadio Olímpico de Kíiv

(Redirección desde «NSK Olimpiyskiy»)

Coordenadas: 50°26′00″N 30°31′18″L / 50.433333333333, 30.521666666667

O Complexo Olímpico Nacional de Deportes (tamén coñecido como Estadio Olímpico, Estadio Republicano ou Estadio Central, en ucraíno: Національний спортивний комплекс "Олімпійський", Natsional’nyĭ sportyvnyĭ kompleks "Olimpiys'kyĭ") é unha instalación polideportiva en Kíiv, capital de Ucraína, situada na ladeira do céntrico outeiro de Cherepanov, no raion de Pechersk. O estadio é a principal instalación deportiva do país e unha das maiores do mundo. A parte do estadio, o complexo conta tamén con outras instalacións deportivas, deseñadas para organizar Xogos Olímpicos. O estadio albergará o partido final da Eurocopa 2012.

Estadio Olímpico
"Олімпійський"
Ucraína Complexo Olímpico Nacional de Deportes
Datos
LocalizaciónKíiv, Ucraína
Outros nomesVéxase: nomes previos.
Construción
Inauguración12 de agosto de 1923
Renovación1941, 1999, 2011
Ampliación1966, 1978
ArquitectoL.V.Pilvinsky (1923)
Mykhailo Hrechyna (1936-41)
Gerkan, Marg & Partner (2008-11)
Custo500-550 millóns de dólares
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade1941 – 50 000;

1949 – 47 756;

1967 – 100 062;

1998 – 83 450;

2011 – 70 050[1].
PropietarioMinisterio de Xuventude e Deportes de Ucraína[2]
LocalíaSelección de fútbol de Ucraína
Eventos

Historia editar

Orixes do Estadio Vermello editar

A idea de construción dun estadio xurdiu no ano 1914,[3] pero foi abandonada debido á primeira guerra mundial e a Revolución rusa. Co nacemento da Unión Soviética xurdiu o proxecto de construción do Estadio Vermello, que foi inaugurado o 12 de agosto de 1923 e cambiou de nome a Lev Trotski para as primeiras Olimpíadas da Rexión de Kíiv. O deseño do estadio foi traballo do enxeñeiro L.V. Pilvinskiy, que usou as pendentes do outeiro Cherepanov para construír as bancadas sur e leste, mentres que para as do norte e o oeste utilizáronse cascallos de edificios derrubados.

En 1924 terminouse de implantar un terreo de xogo cunhas dimensións de 120x70 metros con orientación oeste-este e instalouse unha pista de atletismo que rodeaba o céspede. Tamén se construíron os vestiarios e os aseos, nunha obra que levou a cabo grazas, en parte, ao político húngaro Lajos Gavro, que nese momento era Comisario Militar da Provincia de Kíiv. Aínda nese mesmo ano, o nome de Trotski foi eliminado da denominación do estadio.

O Estadio Vermello era o epicentro da actividade deportiva de Kíiv e celebraba, principalmente e nos seus primeiros anos, competicións de atletismo. Tamén era o principal estadio de fútbol da cidade e os campionatos de Kíiv tiveron lugar no Estadio Vermello antes de que se construíse o Estadio Dinamo. O primeiro partido internacional do Dynamo de Kíiv celebrouse no Estadio Vermello ante un equipo de traballadores da Baixa Austria en 1929 e que finalizou con vitoria por tres goles a catro para os visitantes.

En 1934 Kíiv converteuse en capital da República Socialista Soviética de Ucraína e someteuse a concurso a reconstrución do estadio, máis acorde ao status que a cidade ucraína acababa de obter. O gañador foi o arquitecto Mikhaylo Grechina, que cambiou de nome, tamén, do recinto a Estadio Republicano de Ucraína.

Estadio Republicano editar

O estadio sufriu ampliacións o 22 de xuño de 1941, cando foi reinaugurado con 50 mil asentos e co nome de Stalin Respublikanskiy. Fortemente bombardeado pola Luftwaffe, a cerimonia de inauguración interrompeuse. Despois da vitoria dos aliados na segunda guerra mundial, o estadio foi reconstruído a continuación da cerimonia de inauguración, ocorrida en 1948. O estadio foi rebautizado en 1953 como Nikita Khrushchev, en homenaxe ao líder soviético. A súa capacidade chegou aos 100.000 espectadores nos anos 1960.

Foi renovado en 1978 con ocasión dos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, sendo sede dalgúns partidos de fútbol no torneo. Despois da independencia de Ucraína, en 1991, o estadio pasou recibir o seu nome actual, aínda que aínda hoxe é coñecido como Respublykanskyi stadion (Estadio Republicano) ou Tsentralny (Central) , debido á estación de metro próxima ao estadio. En 1997-1999, para aterse ás normas de seguridade da FIFA, veu a súa capacidade reducida a 83.450 lugares. É usado especialmente polo Dynamo de Kíiv e pola selección de fútbol de Ucraína.

O 18 de abril de 2007, Polonia e Ucraína foron escollidas para aloxar a Eurocopa 2012, sendo o Olímpico de Kíiv a sede elixida para disputar a final. Para albergar o devandito acontecemento o estadio foi remodelado por completo e o seu aforamento reduciuse a 71.014 localidades. O estadio renovado foi inaugurado oficialmente polo presidente ucraíno Viktor Yanukovych o 8 de outubro de 2011.

Nomes previos editar

Durante a meirande parte da súa historia o estadio foi coñecido como Estadio Republicano.[3]

  • 1923 - Estadio Vermello de Lev TrotskiTrotski
  • 1924-1935 - Estadio Vermello
  • 1936-1938 - Estadio Republicano de Kosior
  • 1938-1941 - Estadio Republicano
  • 1941 - Estadio Republicano de Khrushchev (capacidade 50.000)
  • 1941-1943 - Estadio Nacional de Ucraína
  • 1944-1962 - Estadio Republicano de Khrushchev (capacidade 47.756)
  • 1962-1979 - Estadio Central (capacidade 100.062 en 1967)
  • 1980-1995 - Estadio Republicano
  • Dende 1996 - Complexo Olímpico Nacional de Deportes (capacidade 83,450 in 1999; 70,050 in 2011)

Eurocopa 2012 editar

Partidos editar

O Estadio Olímpico de Kíiv albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, correspondentes ao Grupo D, un de cuartos de final e a final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
11 de xuño Primeira rolda Ucraína  
2 - 1
  Suecia
64.290
15 de xuño Primeira rolda Suecia  
2 - 3
  Inglaterra
64.640
19 de xuño Primeira rolda Suecia  
2 - 0
  Francia
63.010
24 de xuño Cuartos de final Inglaterra  
0 - 0
  Italia
64.340
1 de xullo Final España  
4 - 0
  Italia
63.170

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Estadio Ernst Happel
 
Viena
 Final da UEFA Euro 2012™
 
 
2012
Sucesor:
Stade de France

Saint-Denis