A norma NMEA 0183 é un estándar internacional que define a interface e o protocolo de transmisión de datos entre dispositivos electrónicos de navegación. Foi editada pola NMEA, acrónimo en inglés para National Marine Electronics Association, organización de comercio electrónico.

Memoria de posicións NMEA 0183

Creación

editar

A NMEA crea en 1983 a única interface estándar para a comunicación dixital en electrónica marítima. Dr. Robert Freeman, enxeñeiro de sistemas de autoguiado, foi o responsábel do primeiro borrador do estándar. Hoxe o NMEA 0183 é comunmente aceptado entre os fabricantes de electrónica de navegación, non só na industria marítima senón tamén na automoción, aeronáutica ou servizos de ecolocalización. A NMEA traballou ata conseguir o selo de aprobación da Comisión Electrotécnica Internacional da Unión Europea. A industria progresa cara a unha transición cara ao novo NMEA 2000.[1][2]

Descrición dos sinais

editar

Os sinais recollidos no estándar aceptan as seguintes mensaxes,

Identificador Definición
1- $GPBOD Inclúe rumbo, orixe e destino.
2- $GPBWC Inclúe rumbo, distancia até o waypoint, punto de referencia e o círculo máximo.
3- $GPGGA Inclúe información GPS fixa.
4- $GPGLL Inclúe posición xeográfica latitude / lonxitude
5- $GPGSA Inclúe posición GPS DOT e satélites activos
6- $GPGSV Inclúe satélites GPS á vista
7- $GPHDT Inclúe rumbo e un booleano de seguridade.
8- $GPR00 Inclúe a lista de waypoints en activo na ruta tomada.
8- $GPRMA Inclúe o número recomendado mínimo de posicións transmitidas en baixa frecuencia Loran-C.
8- $GPRMB Inclúe a información mínima recomendada para a navegación.
8- $GPRMC Inclúe a información mínima recomendada para o tránsito específico GPS.
8- $GPRTE Inclúe as rutas.
8- $GPXTE Inclúe a información mínima recomendada para a navegación.
8- $GPZDA Inclúe data e tempo.

[3]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar