N. K. Jemisin

escritora estadounidense

Nora K. Jemisin, nada en Iowa City (Iowa) o 19 de setembro de 1972, é unha escritora de ficción científica e fantasía e psicóloga estadounidense. A súa obra explora unha ampla variedade de temas, incluíndo o conflito cultural e a opresión.[1][2] Gañou varios premios pola súa obra, incluíndo o Locus Award. Coa súa vitoria en agosto de 2018, os tres libros da serie Broken Earth, o que fixo que Jemisin fose a primeira escritora que obtivo o premio Hugo á mellor novela tres anos consecutivos.

Infotaula de personaN. K. Jemisin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Iowa City, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónTulane University (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista , escritora de ciencia ficción , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoFicción especulativa Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioN. K. Jemisin Editar o valor em Wikidata
LinguaInglés estadounidense e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiNoah Jemison (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnkjemisin.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm6478342 Twitter: nkjemisin Tumblr: nkjemisin WikiTree: Jemisin-1 Editar o valor em Wikidata

En 2009 e 2010, o relato de Jemisin "Non-Zero Probabilities" foi finalista aos premios Nebula e Hugo ao mellor relato.[3] A súa primeira novela, The Hundred Thousand Kingdoms, primeiro volume da súa Inheritance Trilogy, foi candidata ao Nebula Award 2010, e apareceu na listaxe previa para o James Tiptree Jr. Award.[4][5] En 2011, foi candidata ao premio Hugo, o World Fantasy Award,[6] e o Locus Award, gañando o Locus á mellor primeira novela en 2011.[7] The Hundred Thousand Kingdoms tamén gañou o premio Sense of Gender en 2011. Foi seguida por outras dúas novelas na mesma triloxía, The Broken Kingdoms en 2010 e The Kingdom of Gods en 2011.

En 2016, a súa novela The Fifth Season gañou o premio Hugo á mellor novela, converténdoa no primeiro escritor afroamericano que gaña un premio Hugo nesa categoría.[8] As súas secuelas, The Obelisk Gate e The Stone Sky, gañaron o premio Hugo á mellor novela en 2017[9] e 2018,[10] respectivamente.

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Jemisin naceu en Iowa City, Iowa, e creceu en Nova York e Mobile, Alabama. Viviu en Massachusetts durante dez anos e mudouse a Nova York. Jemisin asistiu á Tulane University entre 1990 e 1994, onde recibiu un B.S. en psicoloxía. Continuou a estudar asesoramiento e recibiu un mestrado en educación pola Universidade de Maryland.[11]

Carreira editar

Graduada do obradoiro de escritura Viable Paradise de 2002,[12] Jemisin publicou relatos e novelas. Jemisin foi membro do grupo de escritores BRAWLers da área de Boston,[13] e é membro de Altered Fluid, grupo de crítica de ficción especulativa.[13]

Foi co-convidada de honra na convención de ficción científica WisCon de 2014 en Madison, Wisconsin.[14] Foi a escritora convidada de honra no Arisia 2015 de Boston.[15]

Durante o seu discurso como convidada de honra no Continuum 2013 en Australia, Jemisin sinalou que o 10% dos membros do Science Fiction and Fantasy Writers of America (SFWA) votaron polo escritor de dereita alternativa Theodore Beale (tamén coñecido como Vox Day) como presidente da asociación. Continuou chamando a Beale “un autodenominado misóxino, racista, antisemita e varios outros sabores de idiota”[16][17] e sinalou que silenciar eses asuntos era o mesmo que permitilos. Beale respondeu chamándoa “educada mais ignorante salvaxe”.[18][19] Unha ligazón aos comentarios de Beal foi rechouchiada polo Twitter do SFWA, e este foi expulsado da organización.[20]

En xaneiro de 2016, Jemisin comezou a escribir "Otherworldly", columna bimensual para o The New York Times.[21] En maio de 2016, Jemisin montou unha campaña de Patreon que logrou suficientes fondos para permitir que deixase o seu traballo como psicóloga conselleira e centrarse a tempo total na escritura.[22] No seguinte ano, Bustle chamou a Jemisin "a escritora de ficción científica da que toda muller necesita ser lectora".[23]

Vida privada editar

Jemisin vive e traballa en Brooklyn, Nova York.[24]

É prima do cómico e presentador de televisión W. Kamau Bell.[25][26]

Bibliografía parcial editar

Novelas editar

Triloxía Inheritance
Duoloxía Dreamblood
Serie Broken Earth

Relatos editar

  • "L'Alchimista", publicado en Scattered, Covered, Smothered, Two Cranes Press, 2004.
  • "Too Many Yesterdays, Not Enough Tomorrows", Ideomancer, 2004.
  • "Cloud Dragon Skies", Strange Horizons, 2005.
  • "Red Riding-Hood's Child", Fishnet, 2005.
  • "The You Train", Strange Horizons, 2007.
  • "Bittersweet", Abyss & Apex Magazine, 2007.
  • "The Narcomancer", Helix, reimpreso en Transcriptase, 2007.
  • "The Brides of Heaven", Helix, reimpreso en Transcriptase, 2007.
  • "Playing Nice With God's Bowling Ball", Baen's Universe, 2008.
  • "The Dancer's War", publicado en Like Twin Stars: Bisexual Erotic Stories, Circlet Press, 2009.
  • "Non-Zero Probabilities", Clarkesworld Magazine, 2009.
  • "Sinners, Saints, Dragons, and Haints in the City Beneath the Still Waters", Postscripts, 2010.
  • "On the Banks of the River Lex", Clarkesworld Magazine, 11/2010
  • "The Effluent Engine", publicado en Steam-Powered: Lesbian Steampunk Stories, Torquere Press, 2011
  • "The Trojan Girl", Weird Tales, 2011
  • "Valedictorian", publicado en After: Nineteen Stories of Apocalypse and Dystopia, Hyperion Book CH, 2012

Coleccións de relatos editar

Non ficción editar

Cómics editar

Notas editar

  1. "N.K. Jemisin on THE HUNDRED THOUSAND KINGDOMS". Orbit Blog (Blog). Orbit Books. 22 de agsoto de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2018. 
  2. Novik, Naomi (12 de agosto de 2015). "Book Review: 'The Fifth Season,' by N. K. Jemisin". The New York Times. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  3. Jemisin, N. K. (setembro de 2009). "Non-Zero Probabilities". Clarkesworld Magazine (36). Consultado o 16 de agosto de 2017. 
  4. "2010 Award Winners & Nominees". Worlds Without End. Tres Barbas, LLC. Consultado o 28 de agosto de 2018. 
  5. "2010 James Tiptree, Jr. Award". James Tiptree, Jr. Literary Award (en inglés). James Tiptree Jr. Literary Council. 21 de marzo de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2018. 
  6. "World Fantasy Nominees and Lifetime Achievement Winners". Locus. 28 de xullo de 2011. 
  7. "Locus Awards 2011 Winners". Locus. 25 de xuño de 2011. 
  8. Alter, Alexander (24 de agosto de 2016), "N. K. Jemisin on Diversity in Science Fiction and Inspiration From Dreams", The New York Times.
  9. "2017 Hugo Awards". Consultado o 11 de agosto de 2017. 
  10. "2018 Hugo Awards". 19 de agosto de 2018. 
  11. "N.K. Jemisin: Rites of Passage". Locus. 18 de agosto de 2010. She studied psychology at Tulane in New Orleans, and went to grad school to study counseling at the University of Maryland-College Park. 
  12. "N.K. Jemisin: Rites of Passage". Locus. 18 de agosto de 2010. Consultado o 7 de setembro de 2016. 
  13. 13,0 13,1 Jones, Jeremy L. C. (agosto de 2010). "Even the Best Stories Have Flaws: Inside Altered Fluid". Clarkesworld Magazine. 
  14. "Announcing WisCon 38's Guests of Honor: Hiromi Goto and N.K. Jemisin" A Momentary Taste of WisCon 37 (Elizabeth Stone, ed.) Issue #4 (26 de maio de 2013), páx. 2.
  15. "Guest of Honor Bios". Arisia 2015. 
  16. Orixinal en inglés: “A self-described misogynist, racist, anti-Semite, and a few other flavors of asshole”.
  17. Khanna, Rajan (26 de novembro de 2013). "Controversies Inside the World of Science Fiction and Fantasy". Consultado o 8 de setembro de 2016. 
  18. Orixinal en inglés: “Educated but ignorant savage”.
  19. El-Mohtar, Amal (13 de xuño de 2013). "Calling for the Expulsion of Theodore Beale from SFWA". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2016. 
  20. "SFWA Board Votes to Expel Beale". Locus. 14 de agosto de 2013. 
  21. Zutter, Natalie (4 de xaneiro de 2016). "N.K. Jemisin Launches SFF Column at The New York Times Book Review". Tor.com. Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  22. 22,0 22,1 Kehe, Jason (7 de xuño de 2016). "WIRED Book Club: Fantasy Writer N.K. Jemisin on the Weird Dreams That Fuel Her Stories". Wired. Consultado o 7 de setembro de 2016. 
  23. Wilson, Kristian (10 de xaneiro de 2017). "The Sci-Fi Writer Every Woman Needs To Be Reading Has 3 New Books Coming". Bustle (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2017. 
  24. Payne, Marshall (28 de xuño de 2011). "Nebula Awards 2010 Interview: N.K. Jemisin". SFWA. Consultado o 14 de xaneiro de 2016. 
  25. Bell, W. Kamau. The Awkward Thoughts of W. Kamau Bell. Nova York, NY: Dutton, 2017, páx. 24, 28. ISBN 978-1-101-98587-8.
  26. Schaub, Michael (22 de agosto de 2016). "Women and writers of color win big at Hugo Awards and the Puppies are even sadder". Los Angeles Times. 
  27. "The Inheritance Trilogy". Nkjemisin.com. 
  28. Das, Indrapramit (2 de maio de 2012). "In Dreams: N.K. Jemisin's The Killing Moon". Slant Magazine. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 8 de outubro de 2012. 
  29. Jemisin, N. K.; Valentine, Genevieve; San Juan, Eric; Hasan, Zaki (2011). Segal, Stephen H., ed. Geek Wisdom: The Sacred Teachings of Nerd Culture. Quirk Books. ISBN 9781594745270. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar