Nikolai Chernyshevskii

(Redirección desde «N. Chernyshevsky»)

Nikolai Gavrilovich Chernyshevskii (en ruso: Николай Гаврилович Чернышевский), nado o 12 de xullo de 1828 en Saratov, Imperio Ruso e finado na mesma cidade o 17 de outubro de 1889 foi un revolucionario e filósofo socialista é visto por algúns como un socialista utópico ruso. Foi o líder do movemento revolucionario en Rusia, coñecido como naródnik, na década de 1860, e unha figura que influíu a líderes como Lenin,[1] Emma Goldman ou Svetozar Marković. O seu traballo máis coñecido é a novela ¿Qué facer?, publicada en 1863.

Nikolai Gavrilovich Chernyshevskii
Nacemento12 de xullo de 1828
 Saratov, Imperio Ruso
Falecemento17 de outubro de 1889 (61 anos)
 Saratov, Imperio Ruso
CausaIctus
SoterradoVoskresenskoye cemetery of Saratov
NacionalidadeImperio Ruso
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Estatal de San Petersburgo
Ocupaciónfilósofo, xornalista, novelista, escritor, crítico literario, economista e xornalista de opinión
Fillossen etiquetar
Xénerosnovela
Coñecido/a porQue Fazer?
Na rede
IMDB: nm2377579 iTunes: 885489775 Discogs: 3262316 Find a Grave: 64260641 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Fillo dun sacerdote, Chernyshevski naceu en Saratov en 1828, e permaneceu alí ata 1846. Gradouse no seminario local onde aprendeu varias linguas, ademais de estudar teoloxía. Foi alí onde espertou o seu amor pola literatura.[2] Continuou os seus estudos na Universidade de San Petersburgo, na que xa se mostrou como un ateísta,[3] inspirado por autores como Ludwig Feuerbach e Charles Fourier. Despois de graduarse, en 1850, volveu a Saratov, onde foi profesor de literatura. Dende 1853 a 1862, viviu en San Petersburgo, onde foi o editor xefe de Sovreménnik ("O contemporáneo"), na que publicou as súas principais críticas literarias e os seus ensaios sobre filosofía.

En 1862, prendérono e metérono na fortaleza de San Pedro e San Pablo, onde escribiu a súa famosa novela Qué facer? que inspirou a moitos revolucionarios rusos, como Lenin, que titulou da mesma forma un dos seus tratados políticos. Posteriormente, condenaron a Chernyshevski e tivo que exiliarse a Vilyúisk, en Siberia. Morreu á idade de 61 anos.

Referencias editar

  1. Díez del Corral, Francisco. Lenin. Una biografía , Barcelona: Ediciones Folio, 2003
  2. Ana Siljak, Angel of Vengeance, páxina 57
  3. Ana Siljak, Angel of Vengeance, páxina 58