Núria Marín Martínez

política española
(Redirección desde «Núria Marín»)

Núria Marín Martínez, nada en L'Hospitalet de Llobregat o 26 de decembro de 1963, é unha política española do Partit dels Socialistes de Catalunya e a alcaldesa de L'Hospitalet desde o 19 de abril de 2008. Chegou ao cargo[1][2] cando Celestino Corbacho Chaves foi designado ministro de Traballo e Inmigración, sendo a primeira muller que ostenta o cargo de alcaldesa na cidade.[3] Presentouse como cabeza de lista do Partido dos Socialistas de Cataluña (PSC) nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011, obtendo así ela mesma a alcaldía.

Infotaula de personaNúria Marín Martínez

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
L'Hospitalet de Llobregat (España franquista) Editar o valor em Wikidata
Senadora de España
17 de agosto de 2023 –
Presidente do PSC
15 de decembro de 2019 – 19 de decembro de 2021
← Àngel RosMiquel Iceta →
Deputada provincial de Barcelona
11 de xullo de 2019 – 12 de xullo de 2023
Presidente da Deputación de Barcelona
11 de xullo de 2019 – 13 de xullo de 2023
← Marc Castells i Berzosa, Lluïsa Moret
Deputada provincial de Barcelona
15 de xullo de 2015 – 11 de xullo de 2019
Deputada provincial de Barcelona
15 de xullo de 2011 – 30 de outubro de 2014 – María Miranda Cuervas →
Alcaldesa de L'Hospitalet de Llobregat
19 de abril de 2008 –
← Celestino Corbacho
Concelleiro de L'Hospitalet de Llobregat
17 de xuño de 1995 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartit dels Socialistes de Catalunya Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webnuriamarin.cat… Editar o valor em Wikidata
Facebook: Nuriamarinlh Twitter: nuriamarinlh Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Núria Marín[4][5] está casada e non ten fillos. É veciña do barrio de Collblanc-la Torrassa, onde residiu toda a súa vida. Ten estudos equivalentes á diplomatura en Ciencias Empresariais e entrou a traballar como funcionaria no concello de L'Hospitalet no ano 1985, facéndose cargo da dirección do Mercado Municipal de Santa Eulàlia entre outras responsabilidades.

Carreira política editar

Núria Marín é membro do PSC desde o ano 1981 e, antes fora militante da Xuventude Socialista de Cataluña (JSC). Actualmente é primeira secretaria da Federación de L'Hospitalet do PSC[6] e forma parte do Consello Nacional do PSC.

En decembro de 2011 entrou a formar parte da nova executiva do PSC a raíz do nomeamento de Pere Navarro como primeiro secretario do partido, ocupando a secretaría de Cambios Sociais, Medio Ambiente e Sostibilidade[7]

Desde o ano 1995 é concelleira do concello de L'Hospitalet. De 1995 a 1999 fíxose cargo da Área de Facenda e da Concellaría de Collblanc-la Torrassa. En 1999 foi nomeada primeira tenente de alcalde e asumiu a responsabilidade da Área de Economía e Facenda. De 2007 a 2008 foi a primeira tenente de alcalde e responsable da Área de Planificación, Coordinación e Economía. No 2008 foi elixida alcaldesa de L’Hospitalet, tras a marcha de Corbacho. No Concello, tamén presidiu as sociedades municipais de L'Hospitalet 2010 e La Farga,SA.

Representa o concello de Hospitalet na Comisión de Novas Tecnoloxías e Sociedade da Información da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). É vicepresidenta da Área Metropolitana de Barcelona e da Federación de Municipios de Cataluña (FMC).[8]

Tamén é membro do Consello Reitor do Consorcio Sanitario Integral e vicepresidenta do BiopoL'H. Desde xaneiro de 2011 preside o Foro Español para a Prevención e a Seguridade.[9]

A principios de 2011 Núria Marín abriu o seu propio portal en Internet,[10] integrando diversas redes sociais. Un estudo[11] posicionouna como un dos políticos españois que mellor uso fan destas ferramentas.

Predecesor:
Celestino Corbacho Chaves
 
Alcaldesa de L'Hospitalet de Llobregat

2008-...
Sucesor:
No cargo

Notas editar

  1. El Periódico, "Núria Marín, nueva alcaldesa de L'Hospitalet, pide más inversión para favorecer la integración" 18/04/2008 Arquivado 10/11/2013, en Wayback Machine.. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  2. El Mundo, "Nuria Marín sustituye a Celestino Corbacho en la alcaldía de L'Hospitalet de Llobregat" 21/04/2008. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  3. La Vanguardia, "Núria Marín sustituye a Corbacho en la alcaldía de L'Hospitalet de Llobregat" 19/04/2008. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  4. Biografía de Núria Marín na súa web personal nuriamarin.cat Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  5. Biografía de Núria Marín na web do Concello Arquivado 13 de maio de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  6. "Núria Marín, primera secretària del PSC de L'Hospitalet". Digital-h (en catalán). 6 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. 
  7. El Periódico, "12º CONGRESO DE LOS SOCIALISTAS CATALANES" 18/12/2011. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  8. La Vanguardia, "La FMC designa por unanimidad a Bustos (PSC) presidente por tercera vez" 22/07/2011 Arquivado 03/08/2014, en Wayback Machine.. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  9. "Nota de prensa do concello de L'Hospitalet sobre o nomeamento como presidenta do Foro Español para a Prevención e a Seguridade". 20/01/2011. Arquivado dende o orixinal o 30/06/2012. Consultado o 02/01/2013.  Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  10. Digital-h, "Núria Marín estrena pàgina web i perfil a les xarxes socials" 07/01/2011 Arquivado 11/02/2011, en Wayback Machine. (en catalán). Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  11. Estudio de Alianzo para Metroo sobre os alcaldes das 16 cidades máis grandes de España 17/03/2011. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar