Núria Castell Ariño

enxeñeira informática

Núria Castell Ariño, nada en L´Hospitalet de Llobregat en 1958, é unha enxeñeira en informática e profesora de universidade catalá, especialista en Procesamento da Linguaxe Natural, ex decana da Escola Superior de Informática de Barcelona (FIB) e cunha longa traxectoria a favor da redución da fenda de xénero na enxeñaría informática.[1]

Núria Castell Ariño
Nacemento1958
Lugar de nacementoL'Hospitalet de Llobregat
NacionalidadeEspaña
Ocupacióninformática teórica e investigadora
PremiosPremi Creu Casas
Na rede
Twitter: NuriaCastell_A Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciada e doutora en Enxeñaría Informática pola UPC. Foi vicedecana de Relacións Internacionais da FIB (2004-2010) e decana da FIB (2010-2017).[1] Cofundadora do Centro de Investigación en Ciencia Intelixente de Datos e Intelixencia Artificial (IDEAI-UPC).

Publicou artigos en congresos, revistas e libros, principalmente relacionados co tratamento da linguaxe natural.[1]

Premios e recoñecementos editar

  • Premio Ada Byron do CPEIG en 2022, compartido con Karina Gibert.[1]
  • Mención honorífica do premio Creu Casas "Mulleres para cambiar o mundo", IEC en 2020 [2]
  • Premio UPC ao Compromiso Social en materia de igualdade de xénero 2020 (individual) [3]
  • Premio UPC ao Compromiso Social en materia de igualdade de xénero 2021 (colectivo) [4]
  • Premio Salvà i Campillo á personalidade destacada da noite 2021 [5]
  • Mención a M. Encarna Sanahuja Yll (colectiva) da Generalitat de Catalunya en 2021.[6]
  • Mención FIB da Festa 2018.[7]
  • Distinción Jaume Vicenç Vives, Departamento de Universidades, Investigación e Sociedade da Información - Generalitat de Catalunya, sept. 2005 [8]
  • Premio á Calidade da Docencia Universitaria do Consello Social da UPC 2005. [8]

Notas editar