Níðhöggr na mitoloxía nórdica é un dragón que habita no Niflheim, o inferno nórdico, onde permanece comendo as raíces do Yggdrasil, a árbore do mundo. Vive en eterno conflito con Veðrfölnir, o falcón que vive entre os ollos dunha aguia na copa da árbore. A Edda poética localízao en concreto no Náströnd, o lugar onde penan os perxuros, adúlteros e asasinos.

Ilustración do Níðhöggr nun manuscrito islandés do século XVII

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.