Mystic River

filme estadounidense dirixido por Clint Eastwood

Mystic River é un filme estadounidense dirixido por Clint Eastwood que se estreou no 2003. Baséase na novela Mystic River de Dennis Lehane. Estreouse en galego na TVG o 31 de maio de 2009.[2] Foi traducido ó galego por Rosa Camiña.[3]

Mystic River
Ficha técnica
Título orixinalMystic River
DirectorClint Eastwood
ProdutorClint Eastwood
Robert Lorenz
Judie G. Hoyt
GuiónBrian Helgeland
Baseado enMystic River de Dennis Lehane
IntérpretesSean Penn
Tim Robbins
Kevin Bacon
Laurence Fishburne
Marcia Gay Harden
Laura Linney
MúsicaClint Eastwood
FotografíaTom Stern
MontaxeJoel Cox
EstudioVillage Roadshow Pictures
Malpaso Productions
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 15 de outubro de 2003
Galicia 31 de maio de 2009 (TVG)
Duración137 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento25 000 000 dólares[1]
Recadación156 822 020 dólares
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/mystic-river
IMDB: tt0327056 Filmaffinity: 121917 Allocine: 34680 Rottentomatoes: m/mystic_river Mojo: mysticriver Allmovie: am6414 TCM: 450112 Metacritic: movie/mystic-river TV.com: movies/mystic-river Netlix: 60031232 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Cando Jimmy Markum (Sean Penn), Dave Boyle (Tim Robbins) e Sean Devine (Kevin Bacon) eran uns nenos que medraban xuntos nun perigoso barrio obreiro de Boston, pasaban os días xogando na rúa. Pero, un día, a Dave ocorreulle algo que marcou para sempre a súa vida e as dos seus amigos. Vinte e cinco anos máis tarde, outra traxedia vólveos unir: o asasinato de Katie (Emmy Rossum), a filla de 19 anos de Jimmy. A Sean, que é policía, asígnanlle o caso; pero tamén ten que estar moi pendente de Jimmy porque, na súa desesperación, está intentando tomarse a xustiza pola súa man.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
  • 2003: 2 premios Oscar: Oscar ó mellor actor (Sean Penn), actor secundario (Tim Robbins). 6 nomeamentos.
  • 2003: 2 Globos de Ouro: Mellor actor (Penn), actor secundario (Robbins). 5 nomeamentos.
  • 2003: 4 nomeamentos ós BAFTA: Mellor actor, actor secundario, actriz secundaria, guión adaptado.
  • 2003: Festival de Cannes: Premio Golden Coach (Clint Eastwood). 2 nomeamentos.
  • 2003: Premios Cesar: Mellor filme estranxeiro.
  • 2003: Nomeada ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro.
  • 2003: 2 premios National Board of Review: Mellor actor (Penn) e filme.
  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Mystic River na TVG". Diario Siglo XXI. 29 de maio de 2009. Consultado o 20 de abril de 2013. [Ligazón morta]
  3. "'Mystic River' na versión en galego". TVG. Consultado o 15 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar