Morcego de Natterer
O morcego de Natterer (Myotis nattereri) é un morcego europeo de pelame amarronado e ás dun ton máis claro. A súa cor é tamén marrón na membrana da á, pasando a ser branca no ventre. Pode atoparse na maior parte do continente, pero non hai moitos exemplares. A súa fórmula dentaria é .
Morcego de Natterer | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Myotis nattereri (Kuhl, 1817) | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
Hábitat
editarA distribución no Reino Unido do morcego pode atoparse no sitio web da National Biodiversity Network.[1]
No verán viven en árbores de folla caduca, en coníferas, ou en edificios próximos ás súas fontes de alimento.
Protección
editarEstes morcegos están protexidos baixo a Directiva de Hábitats de Europa. No Reino Unido a súa rareza levou a que os bosques fosen considerados como Sitios de Interese Científico Especial ou Áreas Especiais de Conservación, e realizarase un plan para ampliar esta protección a nivel nacional.
Ecolocación
editarA frecuencia utilizada por esta especie de morcego vai entre 23–115 kHz, acadando picos de enerxía nos 53 kHz e cunha duración que promedia 3.8 ms.[2][3]
Recibiron o seu nome polo naturalista alemán Johann Natterer.
Notas
editar- ↑ "Myotis nattereri : Natterer's Bat". species.nbnatlas.org. Consultado o 2022-04-21.
- ↑ Parsons, S. e Jones, G. (2000) 'Acoustic identification of twelve species of echolocating bat by discriminant function analysis and artificial neural networks.' J Exp Biol., 203: 2641-2656.
- ↑ Obrist, M.K., Boesch, R. e Flückiger, P.F. (2004) 'Variability in echolocation call design of 26 Swiss bat species: Consequences, limits and options for automated field identification with a synergic pattern recognition approach.' Mammalia., 68 (4): 307-32.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Myotis nattereri en Atlas de mamíferos terrestres. Ministerio de Medio Ambiente (MMA).(en castelán). Visto o 23 de outubro de 2018.
- Myotis nattereri en Mammal species of the World.(en inglés).Visto o 23 de outubro de 2018.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morcego de Natterer |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morcego de Natterer |
Ligazóns externas
editar- Guía para o manexo de morcegos Arquivado 19 de marzo de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- ARKive: Fotografías e videos (en inglés)