My Woman, (estilizado como MY WOMAN), é o terceiro álbum de estudio da cantautora estadounidense Angel Olsen, publicado o 2 de setembro de 2016 a través do selo Jagjaguwar. O disco, producido por Olsen e Justin Raisen, estivo acompañado dos vídeos musicais das cancións "Intern", "Shut Up Kiss Me", e "Sister", todos eles dirixidos ou codirixidos por Olsen.

My Woman
Álbum de Angel Olsen
Publicado2 de setembro de 2016
Estudio(s)Vox, Os Ánxeles
Duración47:17
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Jagjaguwar
Producido porJustin Raisen, Angel Olsen
Cronoloxía
Burn Your Fire for No Witness
(2014)
My Woman Phases
(2017)

Gravación editar

My Woman gravouse nos Vox Studios dos Ánxeles co produtor Justin Raisen.[1] O álbum estruturouse como caras dun disco de vinilo: "Nunha cara, é como se estiveses tendo un día alegre e quixeses probar algo máis axitado. Pero entón, se sintes que as cousas se ralentizan e queres algo máis reflexivo escoitas a cara B".[2] Con respecto aos temas do álbum, Olsen dixo que My Woman aborda "a complicada desorde de ser muller".[3]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Angel Olsen. 

N.º Título Duración
1. "Intern"   2:46
2. "Never Be Mine"   3:41
3. "Shut Up, Kiss Me"   3:22
4. "Give It Up"   2:56
5. "Not Gonna Kill You"   4:57
6. "Heart-Shaped Face"   5:32
7. "Sister"   7:45
8. "Those Were the Days"   4:19
9. "Woman"   7:37
10. "Pops"   4:41

Notas editar

  1. "Angel Olsen announces third album MY WOMAN". FACT Magazine (en inglés). 2016-06-06. Consultado o 2020-10-16. 
  2. "My Woman, not your woman: Angel Olsen on refusing to be pinned down". FACT Magazine (en inglés). 2016-09-03. Consultado o 2020-10-16. 
  3. "Angel Olsen Confirms New Album, ‘My Woman,’ Due This Fall". Spin. 2016-06-06. Consultado o 2020-10-16.