Muxahid, muxahidín[1] ou muxahidin[2] (na forma en plural), que vén do árabe المجاهدين, al-mujāhidīn, significa combatente, guerreiro ou loitador. É o termo co que se designa un combatente islámico fundamentalista involucrado nunha guerra ou en calquera outro conflito ou disputa, por exemplo a coñecida como Xihad. Foi habitual empregar esta denominación para os guerreiros afgáns de credo musulmán durante a guerra soviética en Afganistán, se ben pode referirse a outros combatentes en conflitos diversos. Así, por exemplo, en Bosnia os muxahidin eran os voluntarios internacionais musulmáns que combatían xunto as tropas musulmás locais nas guerras libradas entre 1991 e 1998.

Muxahidin afgáns en 1985.

Notas editar

  1. "muxahidín". TERGAL. Consultado o 26/12/2019. 
  2. Transliteración conforme aos criterios globais da Wikipedia en galego.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar