Muxílidos

familia de peixes que habitan preto da costa

Os Muxílidos (muxos ou cabezudos) (Mugilidae) son unha familia de peixes teleósteos, mariños ou de auga doce, única familia da orde Muxiliformes (Mugiliformes). Están distribuídos por mares temperados e tropicais, próximos á costa.

Arriba, Mugil cephalus, muxo común; abaixo Mugil axillaris
Muxe, munxe ou muxo

CaracterísticasEditar

Corpo musculoso, fusiforme, con grandes escamas adherentes. Cabeza ancha e esmagada. A boca é pequena ou de tamaño moderado, terminal, algo ínfera e sen dentes ou con dentes moi pequenos. Posúen un estómago musculoso e un intestino extremadamente longo. A lonxitude máxima descrita é de 90 cm (FishBase).

Posúen dous aletas dorsais curtas e moi separadas, a primeira espiñosa con 4 espiñas delgadas e a segunda cunha espiña e 7-10 raios brandos; pectorais en situación alta; as aletas pelvianas son subabdominais, cunha espiña e 5 raios brandos; a anal con 2-3 espiñas e 8-11 raios brandos. Caudal furcada, fendida ou truncada. A liña lateral, cando está presente, ás penas é visible.

Móvense agrupados en cardúmenes e aliméntase de pequenas algas, diatomeas e detritos dos sedimentos do fondo. A súa pesca ten certa importancia comercial.

ClasificaciónEditar

Divídense en 17 xéneros con 72 especies:

  • Xénero Agonostomus (Bennett, 1832)
  • Xénero Aldrichetta (Whitley, 1945)
  • Xénero Cestraeus (Valenciennes en Cuvier e Valenciennes, 1836)
  • Xénero Chaenomugil (Gill, 1863)
  • Xénero Chelon (Artedi en Röse, 1793)
  • Xénero Crenimugil (Schultz, 1946)
  • Xénero Joturus (Poey, 1860)
  • Xénero Liza (Jordan e Swain, 1884)
  • Xénero Moolgarda (Whitley, 1945)
  • Xénero Mugil (Linnaeus, 1758)
  • Xénero Myxus (Günther, 1861)
  • Xénero Neomyxus (Steindachner, 1878)
  • Xénero Oedalechilus (Fowler, 1903)
  • Xénero Paramugil (Ghasemzadeh, Ivantsoff and Aarn, 2004)
  • Xénero Rhinomugil (Gill, 1863)
  • Xénero Sicamugil (Fowler, 1939)
  • Xénero Valamugil (Smith, 1948)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar