Abrir o menú principal
Apicultura 03.jpg

O Museo vivente do mel, tamén denominado O Enredo do Abelleiro, é un museo galego centrado no mel e a apicultura. Fundado por Isidro Pardo Varela, está situado na parroquia de Dombodán (Arzúa)

CaracterísticasEditar

O museo amosa a apicultura tradicional e moderna nun contorno natural e, amais, tanto os produtos que se obteñen das abellas (mel, xelea real, pole, propóleo, cera) como produtos derivados: caramelos, mel con xelea, xabóns, cremas de mans e faciais, protectores de beizos...

Na súa parte externa está composto por un apiario moderno, un apiario tradicional e un xardín botánico en que se favorece a polinización grazas á presenza de varias especies autóctonas melíferas.

No interior, á vista do público, as salas de extracción, decantación e envasado, xunto co laboratorio, permiten seguir todos os procesos que se realizan na apicultura moderna.

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar