Museo do Diñeiro de Feodosia

museo numismático en Crimea

O Museo do Diñeiro de Feodosia (en ucraíno: Феодосійський музей грошей; en ruso: Феодосийский музей денег) é un museo numismático establecido en Feodosia, Crimea, en 2003.

Museo do Diñeiro de Feodosia
Феодосійський музей грошей
Феодосийский музей денег
Entrada ao edificio do
Museo do Diñeiro de Feodosia


Coordenadas45°01′49.68″N 35°22′48.12″L / 45.0304667, -35.3800333
PaísEn disputa:
Ucraína Ucraína (de iure).
Rusia Rusia (de facto).
Cidade Feodosia
DirectorOleksandr Oleschuk.
Inauguración15 de xullo de 2003
Na rede
https://moneymuseum.cash
editar datos en Wikidata ]

As súas actividades están dirixidas ao estudo e á difusión do coñecemento da cuñaxe de moeda e da impresión de papel moeda ao longo da historia de Feodosia.

Historia editar

Antecedentes editar

O Museo do Diñeiro de Feodosia ten os seus atntecedentes no labor desenvolvido polo numismático G. Galera, alcalde da cidade e primeiro director (1811-1830) do Museo de Antigüidades de Feodosia, fundado en 1810. A primeira adquisición dese museo consistiu nun lote de máis dun cento de moedas romanas de cobre ao comerciante local Jivardzhi. Posteriormente, en 1818 o gran duque Nicolás agasallou o museo cunha moeda de ouro de Lisímaco e unha moeda de prata de Filipo III de Macedonia.[1]

Unha segunda etapa da incipiente colección está vinculada ao labor do numismático O. F. Retovsky (1849-1925), un coleccionista que dirixiu o Museo de Antigüidades durante 22 anos. Neste período, Feodosia converteuse nun dos principais centros numismáticos do Imperio Ruso. En 1908, a colección numismática do museo abranguía 12 moedas de ouro, 1.004 de prata e 1.042 de cobre.[1]

A partir da Revolución de 1917, o museo careceu de persoal con preparación numismática que puidese manter en condicións a colección e organizar exposicións dedicadas á historia da circulación monetaria en Feodosia. A segunda guerra mundial causou danos irreparables nas coleccións do museo, e no período de posguerra recuperáronse algúns dos fondos que foran requisados polos ocupantes, entre eles parte da colección numismática.[1]

O Museo do Diñeiro editar

 
Emblema do Museo do Diñeiro de Feodosia

Continuando esta tradición, o coleccionista local Oleshuk Alexander Romanovich fundou o Museo do Diñeiro de Feodosia o 15 de xullo de 2003, como primeiro museo numismático de Ucraína. A cerimonia de inauguración tivo lugar o 22 de agosto dese mesmo ano. Unha das principais tarefas desta nova etapa foi a reposición das pezas perdidas nas épocas tsarista e soviética e a adquisición doutras de épocas non representadas na colección. O propio emblema do museo responde a esta visión da representatividade que caracteriza o museo; dentro dun rombo e sobre un billete do Goberno rexional de Crimea co contorno Gubernia de Tavria, dispóñense moedas de diversas épocas, xunto cunha lupa como símbolo da investigación e o estudo.[1]

O 31 de xullo de 2005 inaugurouse a coñecida como “sala segura” no museo, na que se expoñen moedas e billetes producidos en Feodosia desde a Antigüidade ata a Idade Contemporánea. Amósanse, entre outras, moedas procedentes da ceca de Feodosia na Antigüidade e da ceca xenovesa que operaba nesta cidade durante a Idade Media. Ademais, tamén os tártaros cuñaron moeda en Crimea e o derradeiro khan de Crimea, Shagin-Girey, estableceu unha casa de moeda propia nos arredores de Feodosia. Logo da anexión de Crimea ao Imperio Ruso, esta ceca dedicouse á produción de moeda rusa.[1]

Ademais da colección de moedas e billetes, cómpre salientar tamén unha mostra sobre a historia da banca en Feodosia.[1]

A colección editar

Os fondos do Museo do Diñeiro de Feodosia abranguen máis de 30.000 moedas desde o século VII a. de C. ata os nosos días, entre as que se atopan as procedentes do tesouro de Feodosia, correspondentes ao khanato de Crimea, de mediados do século XVI. Hai tamén arredor de 1.000 exemplares de papel moeda.

 
Expositores nunha sala do Museo do Diñeiro de Feodosia.

A parte correspondente á moeda antiga de Feodosia é a máis completa do mundo. Na época medieval salienta a representación das moedas do Reino de Bósforo, con exemplares únicos e outros só presentes nas coleccións do Ermitage, en San Petersburgo, ou do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, en Londres.

A colección divídese tematicamente en sete seccións:[1]

  • 2ª sección. Colección de moedas do Reino do Bósforo desde o momento da conquista de Feodosia (século IV a. de C.) ata o seu colapso polas invasións bárbaras. Por outra banda, unha representación do diñeiro que circulou no conxunto de Crimea en distintos períodos, antes da súa anexión por Rusia.[1]
 
Outra sala do Museo do Diñeiro de Feodosia, con billetes e moedas en exposición.
  • 3ª seción. Diñeiro emitido noutros estados e que tivo circulación no territorio da actual Ucraína.[1]
  • 5ª sección. Moedas contemporáneas de máis de 200 países do mundo.[1]
  • 6ª sección. Exposición da historia do diñeiro desde as súas orixes ata o actual diñeiro electrónico. Amósanse tamén curiosidades como falsificacións, moedas de estados ficticios, moedas de porcelana, as moedas máis pequenas e máis grandes, xoias feitas con moedas...[1]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 "Theodosian Museum of Money. A new page of Theodosian numismatics". Sitio web do Museo do Diñeiro de Feodosia.
  2. "Money Museum Library: Rare Literature and Books". Sitio web do Museo do Diñeiro de Feodosia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar