Museo de Arte Sara Hildén

Coordenadas: 61°30′18.36″N 23°44′26.41″L / 61.5051000, -23.7406694

O Museo de Arte Sara Hildén (en finés Sara Hildénin taidemuseo) é un museo de arte situado no distrito de Särkänniemi, na cidade de Tampere (Finlandia). O museo débelle o seu nome a Sara Hildén, unha empresaria da industria téxtil e amante da arte que adquiriu unha extensa colección de arte finlandés e estranxeiro ao longo da súa vida. Na actualidade o museo está xestionado pola cidade de Tampere e acolle a colección de arte contemporánea propiedade da Fundación Sara Hildén, unha colección centrada na arte dos anos 1960 e 1970.

Museo de Arte Sara Hildén
Sara Hildénin taidemuseo (en finés)
O Museo de Arte Sara Hildén en outono de 2014.
Coordenadas61°30′18.36″N 23°44′26.41″L / 61.5051000, -23.7406694
PaísFinlandia Finlandia
CidadeTampere
TipoMuseo de arte
AdministradorCidade de Tampere
DirectorPäivi Loimaala[1]
Inauguración1979
Visitantes126 527 (2016)[2]
Na rede
https://www.tampere.fi/sarahilden/
Facebook: sarahildenintaidemuseo Twitter: SaraHildenArt Instagram: sarahildenart LinkedIn: sara-hildén-art-museum Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O museo está aberto todo o ano e é accesible para persoas discapacitadas. Conta tamén cun parque de esculturas exterior.[3]

Notas editar

  1. "Yhteystiedot ja hallinto" (en finés). Tampere: Museo de Arte Sara Hildén. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  2. "Kuvataidekohteet keräsivät lähes neljä miljoonaa käyntiä vuonna 2016" (en finés). Frame Contemporary Art Finland. 13 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  3. Aromaa, Jonni (15 de xuño de 2016). "Muumit pelastettiin Tampereella – miten käy Sara Hildénin taidemuseon?". Yle.fi (en finés). Consultado o 14 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar