Muselina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2019.) |
A muselina[1] é unha tea fina de algodón orixinaria de Mosul (Iraq). Este termo utilízase tamén en cociña, por extensión, referíndose a unha salsa de patacas, chocolate ou outros ingredientes, convertidos nun puré moi fino e suave.
Historia
editarProcedente da India, apareceu en Europa no século XIII, primeiro en seda e máis tarde en algodón. A pesar das prohibicións de importación e ás facilidades dadas á industria para a súa fabricación, será necesario esperar ao século XIX para que a confección da muselina se desenvolva en Europa.
Usos
editarOs vestidos da muselina, postos de moda, crearon unha nova industria. A muselina é un tecido fino, transparente e vaporoso. Técese con fíos finos e retortos, non moi tupidos, empregando algodón, seda, la viscosa ou fíos sintéticos. Utilízase xeralmente para o vestiario teatral e para a decoración das xanelas.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para muselina.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muselina |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|