Abrir o menú principal
Bananeiros (xénero Musa)
Musa sp.
Musa sp.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Zingiberales
Familia: Musaceae
Xénero: Musa
L.
Especies

Véxase texto

Sinonimia
  • Karkandela Raf., Sylva Tellur.: 106 (1838).[1]
Musa sp.

O xénero Musa é o xénero tipo da familia das musáceas, que comprende unha cincuentena de especies de megaforbas de confusa taxonomía, así como decenas de híbridos, entre os cales se atopan Musa acuminata, Musa balbisiana e Musa × paradisiaca, as tres especies comprendidas co nome común de bananeiro. Son grandes plantas herbáceas de orixe asiática cun pseudotalo constituído a partir das vaíñas foliares.

DescriciónEditar

Plantas herbáceas perennes, xeralmente de gran tamaño, ás veces parcialmente lignosas. Talo subterráneo rizomatoso do que parten as súas grandes follas, cuxas vaíñas están dispostas en espiral fortemente apertadas unhs coas outras, constituíndo o falso toro. Follas grandes, simples, enteiras, con vaíña e normalmente con pecíolo. Flores hermafroditas ou unisexuais, con brácteas; perianto cigomorfo, diferenciado a miúdo en cáliz e corola; androceo constituído xxeralmente por 5 estames e 1 estaminodio; ovario ínfero trilocular. Inflorescencias en espiga ou en panícula, espatadas. Froitos abagados ou capsulares. Acolle arredor de 100 especies tropicais.

Algunhas especies producen froitos sen sementes, perpetuándose de xeito vexetativo. O rizoma produce un ou varios fillos que han substituír a planta nai unha vez que morra, cousa que ocorre trala formación dos froitos.

HábitatEditar

É un xénero das rexións tropicais de Asia, naturalizada en América Central.

TaxonomíaEditar

O seu nome deriva do apelativo árabe para a froita. Divídese en tres seccións de acordo co número cromosómico: Callimusa (2n = 20), Musa (2n = 22) e Ingentimusa (2n = 14).

BananaEditar

NotasEditar

  1. "Musa (planta)". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 24 de abril de 2010. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar