Murska Sobota (en húngaro, Muraszombat; en alemán, Olsnitz) é unha cidade de Eslovenia, capital da rexión tradicional de Prekmurje, no noroeste do país, limítrofe con Austria e Hungría. Ten unha poboación de 20.000 habitantes.

O seu nome provén dun río próximo, o Mura.

Historia editar

Este territorio estivo baixo control de varios países e non foi incorporado a Eslovenia ata o ano 1919. No seu momento era a cidade máis setentrional da República Federal Socialista de Iugoslavia e no transcurso da historia pasou facilmente de man en man entre croatas, húngaros e eslovenos. Isto deixou na zona unha gran diversidade étnica, que provocou unha gran represión durante a ocupación nazi.

En 1991, durante a Guerra dos dez días entre Eslovenia e o Exército Federal de Iugoslavia, a cidade foi bombardeada sen causar vítimas mortais.

Economía editar

Pasou dunha economía dominada pola produción téxtil, a metalurxia e agrogandería, a unha actividade económica de procesado, construción, comercio e do sector servizos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar