Muriel Sarah Camberg, nada en Bruntsfield, Edimburgo, o 1 de febreiro de 1918 e finada en Florencia o 13 de abril de 2006, foi unha novelista británica, coñecida como Muriel Spark.

Infotaula de personaMuriel Spark
Nome orixinal(en) Muriel Sarah Spark Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte13 de abril de 2006 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Florencia, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónHeriot-Watt University (en) Traducir
James Gillespie's High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , editora literaria , guionista , crítica literaria , dramaturga , poeta , novelista , biógrafa Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Páxina webmurielspark.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0816944 Allmovie: p314948 IBDB: 11176
Musicbrainz: a4f8ae34-5ef7-4218-824a-e48300933828 WikiTree: Camberg-4 Find a Grave: 13962551 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Muriel Camberg naceu en Edimburgo, fillo de Bernard Camberg, enxeñeiro, e Sarah Elizabeth Maud (de solteira Uezzell).[1] O seu pai era xudeu askenazí, nado en Edimburgo de pais inmigrantes lituanos, e a súa nai era inglesa e fora criada como presbiteriana.[2] Estudou no James Gillespie's High School for Girls.[3] En 1934-1935 asistiu a un curso sobre correspondencia comercial no Heriot-Watt College. Deu clases de inglés durante un curto período antes de traballar como secretaria nunha tenda.[4]

En 1937, con 19 anos, comprometeuse con Sidney Oswald Spark, trece anos máis vello ca el, e marcharon vivir a Rhodesia. Casaron en Salisbury o 3 de setembro de 1937.[5] O seu fillo Samuel Robin naceu en xullo de 1938. Meses despois descubriu que o seu marido era maníaco depresivo e sufría ataques violentos. En 1940 Muriel abandonou a Sidney e deixou temporalmente a Robin nun convento, xa que os nenos non podían viaxar durante a guerra. Volveu ao Reino Unido a principios de 1944, establecéndose en Londres.[6] Traballou no Foreign Office, realizando labores de contraespionaxe bélica. Foille concedida a Orde do Imperio Británico.

Comezou a ser coñecida coa súa novela The Comforters (1957), que asinou co apelido Spark; a partir de aí continuou a escribir regularmente, cun estilo punzante e eficaz. Tivo grande amizade con Graham Greene e tamén escribiu en The New Yorker.

En 1954 converteuse ao catolicismo. Tras vivir algúns anos en Nova York mudouse a Roma, onde coñeceu a astista e escultora Penelope Jardine en 1968. A principios da década de 1970 estableceuse na Toscana, na aldea de Oliveto, preto de Civitella in Val di Chiana.

Spark faleceu en 2006 e foi enterrada no cemiterio de Sant'Andrea Apostolo en Oliveto.[7]

En 2008, The Times considerou a Spark a oitava na súa listaxe dos "50 mellores escritores británicos desde 1945".[8] En 2010, Spark foi candidata póstuma ao Lost Man Booker Prize de 1970 por The Driver's Seat.

Relación co seu fillo editar

Spark e o seu fillo Samuel Robin Spark tiveron por momentos unha relación afastada. A relación sufriu cando o xudaísmo ortodoxo de Robin o impulsou a presentar unha petición para que a súa defunta bisavoa fose recoñecida como xudía. Os avós maternos de Spark, Adelaide Hyams e Tom Uezzell, casaran pola igrexa; Tom era anglicano e o pai de Adelaide era xudeu, mais non a súa nai. Adelaide considerábase "xudía xentil". Spark reaccionou acusándoo de buscar publicidade para a súa carreira como artista.[9] O irmán de Muriel, Philip, un activo xudeu, estaba de acordo coa versión da historia familiar dela. Durante unha das últimas sinaturas de libros que fixo en Edimburgo, contou a un xornalista que lle preguntou se volvería ver o seu fillo: "Creo que sei que é mellor evitalo agora" ("I think I know how best to avoid him by now").[10][11][12]

Novelas editar

Notas editar

  1. "Muriel Spark, Novelist Who Wrote 'The Prime of Miss Jean Brodie,' Dies at 88". The New York Times. 23 de abril de 2010. 
  2. Guardian obituary
  3. Hager 1999.
  4. "James Gillespies High School Official Site". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  5. Spark, Muriel (1993). Curriculum Vitae. Londres: Penguin Books. pp. 116–7, 123–4. 
  6. Taylor, Benjamin (maio de 2010). "Goodbye Very Much: The many lives of Muriel Spark". Harper's (Harper's Foundation) 320 (1,920): 78–82. Consultado o 21 de agosto de 2011. 
  7. "Addio Muriel Spark, romanziera ironica tra Scozia e Toscana". Il Tempo. 2006. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  8. "The 50 greatest British writers since 1945". The Times. 5 de xaneiro de 2008. Consultado o 19 de febreiro de 2010. 
  9. "A far cry from Morningside". The Scotsman. 23 de abril de 2006. .
  10. "Readings". Edimburgo: Book Festival. 2004. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. 
  11. "Bard Mitzvah". San Diego Reader. 2 de xullo de 1998. 
  12. "Spark's son: I won't cash in on mum", The Scotsman, 14 de maio de 2006

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hager, Hal (1999). "About Muriel Spark". The Prime of Miss Jean Brodie. Nova York: Harper Perennial. p. 141. 
  • Jardine, Penelope, ed. 2018. A Good Comb. New Directions

Ligazóns externas editar