Murder in the First

filme de 1995 dirixido por Marc Rocco

Murder in the First é un filme estadounidense dirixido por Marc Rocco que se estreou en 1995. Conta a historia real dun preso chamado Henri Young (interpretado por Kevin Bacon) que é levado a xuízo por asasinato en primeiro grao. Tamén está protagonizado por Christian Slater e Gary Oldman.

Murder in the First
Ficha técnica
Título orixinalMurder in the First
DirectorMarc Rocco
ProdutorMarc Frydman
Mark Wolper
GuiónDan Gordon
IntérpretesChristian Slater
Kevin Bacon
Gary Oldman
Embeth Davidtz
Brad Dourif
William H. Macy
R. Lee Ermey
MúsicaChristopher Young
FotografíaFred Murphy
MontaxeRussell Livingstone
EstudioLe Studio Canal+
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea20 de xaneiro de 1995
Duración122 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$23 000 000
Recadación$17 381 942
Na rede
IMDB: tt0113870 Filmaffinity: 486457 Allocine: 31166 Rottentomatoes: m/murder_in_the_first Mojo: murderinthefirst Allmovie: v133971 TCM: 84171 TV.com: movies/murder-in-the-first Netlix: 782083Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Un rapaz orfo de 17 anos, Henri Young (Kevin Bacon), rouba $5 dunha tenda para alimentarse a si mesmo a máis a súa irmá, sendo ámbolos dous nenos desamparados. O dono da tendo colleo, e a súa irmá é enviada a un orfanato. Debido a que a tenda era tamén a oficina do Servizo Postal dos Estados Unidos, o seu crime convértese nunha ofensa federal. O mozo non volve ver a súa irmá nunca máis e é enviado ó cárcere de Leavenworth, en Kansas. Pouco despois de ser trasladado a Alcatraz, participa nun intento de fuxida con outros dous presos.

O plan de fuxida falla por mor dun preso laretas, Rufus McCain (David Michael Sterling). O mozo é castigado a vivir confinado no "burato" nos alxubes de Alcatraz. Agás por 30 minutos no día de Nadal de 1940, fica alí por tres anos. O confinamente volve tolo a Young, que cando é ceibado do burato, experimenta un episodio psicótico na cafetería a acaba con McCain, cravándolle unha culler na gorxa á vista dos outros convictos.

Young é levado a xuízo en San Francisco acusado de asasinato en primeiro grao, nun caso que os fiscais e os avogados de oficio dan por pechado. O avogado James Stamphill (Christian Slater), que acaba de graduarse en Harvard, recibe o caso. Despois de descubrir os feitos reais do caso de Young, Stamphill demanda a Alcatraz alegando que as condicións inhumanas coas que trataron ó seu cliente, provocaron que cometese o asasinato. De súpeto, o xuízo convértese nun tema moi politizado e contencioso. Ó cabo, Young é penado por asasinato involuntario e evita a pena de morte. É devolto a Alcatraz, onde morre pouco despois.

Personaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar