Mulero

futbolista galego

Alfonso Santos, coñecido como Mulero, nado na Coruña c. 1900 e finado o 10 de xullo de 1961, foi un futbolista galego, que xogaba como porteiro.

Mulero
Información persoal
Nome Alfonso Santos
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 10 de xullo de 1961
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
Célebre
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Fabril
1922–1927 Deportivo da Coruña
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Traballou coas mulas que arrastraban os tranvías da Coruña, motivo polo que recibiu o alcume de Mulero.[1] Comezou xogando ao fútbol como dianteiro no Célebre FC do Camiño Novo e logo pasou ao Fabril. Alí ocupou un día a portería, debido á ausencia do gardameta do equipo, e dende entón xogou xa sempre como gardameta.[2] En 1922 fichou polo Deportivo da Coruña, co que xogou durante os seguintes anos no Campionato de Galicia, proclamándose campión na tempada 1926/27, aínda que nos últimos anos perdeu a titularidade en favor de Isidro.

Notas editar

  1. "Falleció Mulero". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1961. p. 5. 
  2. "Hablando con Alfonso Santos". Galicia (en castelán). 22 de decembro de 1924. p. 3. Consultado o 10 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar