Muhammad: The Messenger of God

Muhammad: The Messenger of God é un filme épico islámico iraniano dirixido por Majid Majidi. O filme sitúase no século VI e a historia céntrase na infancia do profeta islámico Mahoma. É a produción con maior orzamento do cinema iraniano.[1]

Muhammad: The Messenger of God
Ficha técnica
DirectorMajid Majidi
ProdutorMohammed Mahdi Heidarian
Mohammad Reza Saberi
GuiónMajid Majidi
Kambuzia Partovi
IntérpretesMahdi Pakdel
Sareh Bayat
Ra'na Azadivar
Mina Sadati
MúsicaA. R. Rahman
FotografíaVittorio Storaro
MontaxeRoberto Perpignani
EstudioNoor-e-Taban Film Company Production
Infinite Production Company GmbH
Estrea2015
Duración171 minutos
Orixe Irán
XéneroHistórico
Na rede
IMDB: tt3921314 Filmaffinity: 610914 Editar o valor em Wikidata

Desenvolvemento editar

O desenvolvemento da película comezou en 2007, e Majidi escribiu o primeiro borrador do guión en 2009. En 2011 construíuse na cidade de Qom un colosal decorado onde se gravou a maior parte do filme, mais algunhas das escenas filmáronse en Suráfrica. Durante a rodaxe, Majdi traballou cun equipo de historiadores e arqueólogos para darlle maior veracidade á época e á infancia de Mahoma.

A estrea do filme ía ser no Festival Internacional de Cinema de Fajr o 1 de febreiro de 2015 mais por mor de dificultades técnicas non se puido proxectar. Realizouse unha proxección especial para críticos, directores e xornalistas o 12 de febreiro de 2015 en Teherán e ao cabo a estrea foi o 27 de agosto de 2015 no Festival Internacional de Cinema de Montreal e nas salas comerciais en Irán.

 
A cidade de Qom, onde se filmou a maior parte do filme

Recepción editar

Os críticos cinematográficos iranianos déronlle polo xeral boas críticas ao filme,[2] Nos medios europeos houbo críticas favorables, como a de The Guardian[3] e outras negativas como a de Variety.[4] Pero en sectores relixiosos sunnitas houbo unha crítica moi dura, xa antes da estrea.[2] En febreiro de 2015, a Universidade Al-Azhar pediulle a Irán que prohibise o filme, segundo a universidade banalízase a santidade dos mensaxeiros de Deus.[2]

Notas editar

  1. "Majid Majidi's religious film to hit movie theaters in 2014". Press TV. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2014. Consultado o 4 de decembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Karimi, Nasser (25 de marzo de 2015). Yahoo, ed. "Iran film portrays the Prophet Muhammad, drawing criticism". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2015. Consultado o 07 de setembro de 2015. 
  3. Hoad, Phil. "Muhammad: Messenger of God review – evocative account of Islam’s gestation". the Guardian. Consultado o 2015-08-30. 
  4. Alissa, Simon. "Film Review: ‘Muhammad: The Messenger of God’". Consultado o 7 de setembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar