Mubarkah Bent al-Barra

escritora, tradutora e profesora mauritana


Mubarkah Bent al-Barra (tamén escrito Mbarka Mint al-Barra), nada en al-Madhardhara en 1957, é unha profesora, escritora e tradutora mauritana.

Infotaula de personaMubarkah Bent al-Barra
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Mauritania Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMauritania Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Mohammed V Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , profesora , tradutora , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou en escolas públicas, e estudou Maxisterio en Nouakchott, graduándose en 1983, no centro onde dá clases. En 1987 rematou un mestrado en literatura magrebí e andalusí na Universidade Mohammed V. É bilingüe en lingua árabe e lingua francesa, e escribe principalmente en árabe.[1]

Investigou sobre a poesía oral de Mauritania, concretamente sobre a tibra, unha forma de posía amorosa que só pode ser recitado en reunións de mulleres. Algunhas destas pezas foron traducidas ao francés. En 1992 publicou a colección Taranimli-Watanin Wahid ("Cancións para un país para todas as persoas"), e en 1998 publicou Al-Shi'r al-Muritani al-Hadith, min 1970 ila 1995 ("Poesía moderna de Mauritania, 1970-1995"). Parte da súa poesía foi recollida en antoloxías en lingua inglesa.[2] Tamén publicou unha obra de literatura infantil, Hikayat Jaddati ("Os contos da miña avoa"), en 1997, e é co-editora dun volume de contos tradicionais.[1] Al-Barra é unha figura destacada na vida cultural do seu país, e participa decote en festivais literarios no mundo árabe.[2]

NOtas editar

  1. 1,0 1,1 "Barra, Mubarkah Bent al- (1957–)". JRank. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Mbarka Mint al-Barra’". Poetry Translation. Consultado o 15 de novembro de 2016.