Movemento ameboide

O movemento ameboide[1] é o movemento de cada célula en relación ao seu contorno. Por exemplo, os leucocitos son quen de moverse a través de diversos tecidos.

O movemento comeza coa emisión dun pseudopodo dende o extremo dunha célula, que se dirixe cara a fóra, lonxe da célula. Despois, tira do resto da célula cara si, permitindo o movemento. Para poder realizar este proceso é imprescindible que o pseudopodo se una a receptores dos tecidos circundantes, para poder funcionar coma vector de dirección. A unión ten lugar por proteínas do receptor que se aliñan dentro das vesículas exocíticas. Cando estas forman parte da membrana do pseudopodo, ábrense de xeito que liberan o seu contido cara ao exterior. Os receptores fan entón protusión e se unen aos ligandos dos tecidos circundantes.

No extremo oposto á célula, os receptores afástanse dos seus ligandos e forman novas vesículas de endocitose. Despois, as vesículas migran cara ao extremo do pseudopodo, para formaren parte dunha nova membrana plasmática.

Durante todo este proceso, os filamentos de actina da célula contráense, formándo polímeros, permitindo o movemento. Durante a súa actividade consomen ATP.

Células con movemento ameboide editar

Nos seres humanos as células con maior capacidade de movemento ameboide son os leucocitos cando saen do sangue aos tecidos periféricos. Os fibroblastos e as células xerminais da pel tamén poden desplazarse para reparar feridas e outras anomalías. As células embrionarias requiren de movememtos desta clase para un correcto desenvolvemento fetal.

Regulación do movemento ameboide editar

Os fenómenos de quimiotaxe regulan o movemento. A liberación de substancias quimiotácticas atrae a diversas células, dende concentracións máis baixas cara concentracións máis altas (quimiotaxe positiva). Algunhas substancias exercen o efecto contrario, dirixindo cara ás concentracións menores, o fenómeno de quimiotaxe negativa.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ameboide.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar