Mosteiro de Santa Catarina do Monte Sinaí

O Mosteiro de Santa Catarina (en árabe: دير القدّيسة كاترين; en grego antigo: Μονὴ τῆς Ἁγίας Αἰκατερίνης), oficialmente o Sacro Real Mosteiro Autónomo de Santa Catarina do Santo e Pisado por Deus Monte Sinaí,[a] é un mosteiro cristián ortodoxo que se atopa na península do Sinaí. Atópase na desembocadura dunha garganta ao pé do Monte Sinaí, preto da cidade de Saint Catherine, en Exipto. O mosteiro recibe o nome de Catarina de Alexandría.[1][2]

Mosteiro de Santa Catarina
O mosteiro, con Willow Peak (tradicionalmente considerado o monte Horeb) ao fondo.
Área de Santa Catarina en Exipto
Área de Santa Catarina
Área de Santa Catarina
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísExipto Exipto
TipoCultural
CriteriosI, III, IV, VI
Inscrición2002 (26ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador954

Controlado pola autónoma Igrexa do Sinaí, que forma parte da Igrexa ortodoxa grega, o mosteiro converteuse en Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2002 pola súa importancia única nas tradicións do cristianismo, o islam e o xudaísmo.[3][4] Santa Catarina ten como telón de fondo as tres montañas nas que se atopa: Ras Sufsafeh (posiblemente o Monte Horeb bíblico); Jebel Arrenziyeb, e o Monte Sinaí (por tradición identificado co bíblico Monte Sinaí).[5]

Galería de imaxes editar


Notas editar

  1. O título completo do mosteiro en grego: Ιερά Αυτόνομος Βασιλική Μονή Αγίας Αικατερίνης του Αγίου και Θεοβαδίστου Όρους Σινά

Notas editar

  1. Evans, Helen C. (2004). Saint Catherine's Monastery, Sinai, Egypt: A Photographic Essay (en inglés). Metropolitan Museum of Art. ISBN 978-1-58839-109-4. 
  2. "Saint Catherine's Monastery". Encyclopedia Britannica (en inglés). xullo de 1998. Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 
  3. Georgiou, Aristos (20 de decembro de 2017). "These spectacular ancient texts were lost for centuries, and now they can be viewed online". International Business Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2018. 
  4. "Saint Catherine Area". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  5. "Visit Saint Catherine Monastery, Egypt". visitafrica.site (en inglés). Consultado o 2020-09-25.