Mosteiro de San Xoán de Montealegre

O mosteiro de San Xoán de Montealegre foi un centro monástico situado no actual concello leonés de Villagatón, en Castela e León. Foi un dos máis de sesenta mosteiros que formaron a Tebaida berciana[1]. Este edificio está situado entre as localidades de Torre del Bierzo, La Silva e Montealegre. O mosteiro está situado dentro do termo municipal de Montealegre, aldea berciana pertencente ao concello de Villagatón, o cal na súa meirande parte (agás de Montealegre e La Silva que son bercianas[1]) pertence á bisbarra de La Cepeda.

Mosteiro de San Xoán de Montealegre
O mosteiro a comezos do século XX
PaísEspaña
Coordenadas42°35′56″N 6°16′58″O / 42.598769444444, -6.282825Coordenadas: 42°35′56″N 6°16′58″O / 42.598769444444, -6.282825
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Ruínas actuais do mosteiro.

Atópase situado na calzada romana de Vía Nova, albergou dous miliarios desta vía dentro da igrexa: un sostendo o púlpito e outro a un lado do altar maior.

Probablemente foi fundado no século X, pois as primeiras referencias da súa existencia aparecen no Concilio de Irago, no 946, no que figura como asistente ao devandito Concilio o seu abade, chamado Pimolo. Naquela época o Mosteiro chamábase San Martiño de Montes. No 1203, tras converterse en hospicio da Orde Hospitalaria a súa advocación púxose baixo San Xoán o Bautista engadíndoselle Montealegre por ser esta a parroquia da aldea[2].

No século XVI constrúese a singular espadana da igrexa, de muros de máis de tres metros de espesor. Tras a desamortización de Mendizábal, no século XIX, comeza a súa decadencia que levou hoxe só consérvense ruínas da igrexa[3], que a principios de século se conservaba integra.

Descrición editar

Consérvanse só as ruínas da igrexa, de orixe románica agás a espadana do século XVI. Da súa nave e cruceiro apenas se conservan máis que marcas no terreo. A súa cabeceira compóñena tres ábsidas semicirculares ao interior e ao exterior, agás a central que é poligonal ao exterior e de maior altura cunha ventá conservada integramente. A ábsida esquerda conserva na súa bóveda pinturas murais con motivos xeométricos[4].

Destacar os restos da decoración axadrezada os arquiños murais con decoración de billetes, as súas mísulas e perpiaños con marcas de ata seis canteiros diferentes. Na súa espadana consérvase parte da escaleira de caracol que daba acceso á súa parte superior.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 http://mitierra-elbierzo.blogspot.com/2008/08/ancestros-el-monasterio-de-san-juan-de.html
  2. http://www.monestirs.cat/monst/annex/espa/calleo/lleo/cmonteal.htm
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 01 de xullo de 2014. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 01 de xullo de 2014.