Abrir o menú principal

Mosquera, Cundinamarca

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Coordenadas: 4°42′28″N 74°13′58″O / 4.70778, -74.23278

Mosquera, Cundinamarca
Bandera de Mosquera (Cundinamarca).svg
Escudo de Mosquera (Cundinamarca).svg
Parque-mosquera.jpg
Vista de Mosquera.
Localización
Mosquera en Colombia
Mosquera
Mosquera
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoCundinamarca
Xeografía
Altitude2516 msnm
Superficie107 km²
Demografía
Poboación82 750 (2015)
Densidade773,36 hab/km²
XentilicioMosqueruno, -a
Outros datos
AlcaldeRaúl Emilio Casallas​ (2016-2019)
Páxina oficial

Mosquera é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na Provincia de Sabana Occidente, a 10 km de Bogotá. Forma parte da área metropolitana de Bogotá, segundo o censo DANE 2005.

O concello está atravesado pola autoestrada Bogotá-Mosquera-Madrid-Facatativá de leste a oeste. Nos últimos anos construíronse barrios de interese social debido á súa proximidade con Bogotá e o baixo prezo da propiedade raíz no concello.

HistoriaEditar

Época precolombianaEditar

Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Mosquera estivo habitado polos muiscas.

A poboación de Mosquera, chamada anteriormente Catro Esquinas, é coñecida pola riqueza en xacementos paleontolóxicos, os cales foron obxecto de estudo sistemático en anos recentes. Tamén existen interesantes manifestacións de arte rupestre consistentes en debuxos feitos con tinta vermella nos cantís da rexión.

Os xacementos paleontolóxicos foron recoñecidos cientificamente por parte do investigador José Royo Gómez, do Servizo Xeolóxico Nacional, director do Museo de Paleontoloxía da Universidade de California, quen explorou a zona en 1951. Os investigadores atoparon un importante depósito de animais fósiles, correspondente á era cuaternaria. Entre as especies extinguidas cuxos vestixios alí se conservan, figuran un perico lixeiro e a mandíbula dun mastodonte, do que se conservan algunhas vértebras e os grandes cabeiros.[1] Os xacementos aludidos están situados nas leiras de Mondoñedo e Aguas Claras, dedicadas hoxe á cría de gando.

NotasEditar

  1. "Nuestro Municipio". Consultado o 25 de setembr de 2016. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar