A illa Morfil é unha illa situada entre o río Senegal e o río Doué no norte de Senegal. Morfil é un anticuado termo francés para marfil en bruto.

Morfil
Illa Morfil en Senegal
Illa Morfil
Illa Morfil
Situación
PaísSenegal Senegal
MarRío Senegal
Coordenadas16°35′01″N 14°35′02″O / 16.58361, -14.58389Coordenadas: 16°35′01″N 14°35′02″O / 16.58361, -14.58389
Xeografía
Superficie1.250 km²

Ao redor do século XI, Morfil foi o centro de Tekrur, un dos primeiros estados islámicos. Como tal, foi un centro importante do comercio trans-sahariano. A illa máis tarde converteuse en parte do Imperio de Ghana, logo do Imperio de Mali, e finalmente conquistada por Francia. Os franceses chamaron así á illa polos elefantes que unha vez poblaron a illa, pero que agora están localmente extinguidos.[1] Os colonos franceses utilizarían a illa para a caza do elefante. As cidades principais na illa son Podor e Salde.

NotasEditar

  1. Trillo, Richard (2008-06-02). The Rough Guide to West Africa (en inglés). Rough Guides Limited. p. 576. ISBN 9781405380683.