Morea serpente
Morea serpente Enchelycore anatina | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Enchelycore anatina | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||
Enchelycore anatina Lowe, 1838 [1] | |||||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
A morea serpente, Enchelycore anatina,[2] é unha peixe da orde dos angüiliformes e familia dos murénidos, subfamilia dos mureninos.[1]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ce/Enchelycore_anatina.jpg/250px-Enchelycore_anatina.jpg)
Taxonomía
editarA especie foi descrita por primeira vez en 1838 polo naturalista británio Richard Thomas Lowe (1802-1874) como Muraena anatina. Tras pasar por varios xéneros, hoxe está clasificada no xénero Enchelycore, que fora creado en 1788 polo naturalista alemán de orixe escocesa Johann Reinhold Forster (1729–1798).
Características
editarCon forma típica de morea, os machos poden alcanzar unha lonxitude máxima de 120 cm.[3]
Hábitat e distribución
editarÉ unha especie mariña, demersal, que habita en augas costeiras a profundidades de entre 3 a 60 m.[3]
Distribúese polo Atlántico oriental en augas subtropicais, entre os 40 °N e os 17 ºS, e entro os 32 °W e os 35 °E, nas illas Azores, Madeira, Canarias, Cabo Verde, Ascensión e Santa Helena,[3] téndose rexistrado unha única cita no mar Mediterráneo, na costa de Israel.[4]
Bioloxía
editarA morea serpente é unha especie depredadora activa, que se alimentan de crustáceos e peixes. Adoita habitar agochada entre as rochas, a menos de 10 m de profundidade, esperando a que cheguen posíbeis presas.[3]
Relación cos humanos
editarPosibelmente é obxecto de pesca de subsistencia e consumida localmente.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Enchelycore anatina (Lowe, 1838) no WoRMS.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 104.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 >Enchelycore anatina (Lowe, 1838) en FishBase.
- ↑ Ben-Tuvia, A. & Golani, D. (1984): "A west African fangtooth moray eel Enchelycore anatina from the Mediterranean cost of Israel". Copeia, 1984 (2): 541-544.
Vérxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Morea serpente |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morea serpente |
Bibliografía
editar- Eschmeyer, William N. (1990): Genera of Recent Fishes. San Francisco, California, Estados Unidos: California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-23-8.
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New Yorh: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Smith, D. G. & E. B. Böhlke (1990): "Muraenidae", pp. 136–148 en J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI, e París: UNESCO. Vol. 1.