Cogomelo de coresma
Cogomelo de coresma | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cogomelo de coresma | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Morchella esculenta Fr. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
O cogomelo de coresma[1] ou pantorra[2] (Morchella esculenta) é unha especie de fungo comestíbel que medra en Europa (Andalucía), América do Norte e América do Sur (bosques da Rexión de Araucanía en Chile, na Arxentina (oeste das provincias de Neuquén, Río Negro e Chubut).
Descrición
editarEste cogomelo ten forma de colmea (por iso tamén recibe en galego o nome de colmeíña), con 5-14 cm de altura desde a base, e 3–8 cm de largo; o chapeu componse de celiñas desordenadas, e separadas unhas das outras por bordos flexíbeis de cor marrón clara e amarela opaca e tamén tons pardos escuros ao madureceren; a parte interna é feble, elástica e abrancazada. O estípite (esteo) é cilíndrico, de 2–7 cm de lonxitude, e de 2–4 cm de diámetro, de cor máis suave que a parte superior, e a parte interna está baleira. Presenta recendo e sabor agradábeis.
Nomes vulgares
editarEn galego:
- Cogomelo de coresma, pantorra e colmeíña[1].
Sinonimia e nomes botánicos obsoletos
editar- Phallus esculentus L. Sp. Pl. 1178 (1753)
- Morchella esculenta rotunda Pers. Syn. Fung. 619 (1801)
- Morchella esculenta vulgaris Pers. Syn. Fung. 619 (1801)
- Morchella continua Tratt. Fungi Austr. 67 (1830) (in part).
- Morchella esculenta fulva Fries, Syst. Myc. 2: 7 (1822)
- Morchella esculenta longipes Peck, Ann. Rep. N. Y. State Mus. 28: 87 (1876)
- Phalloboletus esculentus Kuntze, Rev. Gen. Pl. 2. 865 (1891)
- Morchella rotunda Boud. Soc. Myc. Fr. 13: 135 (1897)
- Morchella vulgaris Boud. Bull. Soc. Myc. Fr. 13: 139 (1897)
- Morilla esculenta Quél. Ench. Fung. 271 (1886)
Usos
editarAdóitanse cociñar fritíndoas con allo, touciño ou chourizo ou en revoltos de ovos. Xamais deben comerse crúas, pois conteñen unha toxina que se descompón a altas temperaturas, arredor de 80 °C, sendo logo inocua.
Galería
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Nome galego en Guía da alimentación, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995; e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
- ↑ VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. Páxina 182. [1]
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Gyromitra esculenta (unha "falsa pantorra")
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cogomelo de coresma |