Montserrat Casas Ametller, nada en Hostalric (Xirona) o 6 de setembro de 1955 e finada en Barcelona o 30 de marzo de 2013,[1] foi unha física e científica española nomeada en 2007 reitora da Universidade das Illas Baleares converténdose nunha das 10 únicas reitoras da universidade española da época.[2][3]

Modelo:BiografíaMontserrat Casas

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Montserrat Casas i Ametller Editar o valor en Wikidata
6 de setembro de 1955 Editar o valor en Wikidata
Hostalric, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de marzo de 2013 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Rector of the University of the Balearic Islands (en) Traducir
2007 – 2013
← Andreu Avel·lí Blasco i Esteve (en) TraducirLlorenç Huguet Rotger (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora, física Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade das Illas Baleares Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Licenciada (1971) e doutora (1981) en ciencias físicas pola Universitat Autónoma de Barcelona, desde 1984 foi catedrática da UIB. Era catedrática de Física Atómica, Molecular e Nuclear desde 1994 e, como científica, a súa liña de traballo centrouse no estudo de sistemas cuánticos e a contaminación radioactiva ambiental.

Foi elixida reitora tras gañar as eleccións o 28 de marzo de 2007[4] e obter na segunda volta das eleccións o 59,45% dos votos fronte ao 40,55% que conseguiu o seu opoñente Sergio Alonso, catedrático de meteorología. Sucedeu no cargo a Avelíno Blasco.

Morreu en Barcelona o 30 de marzo de 2013 de cancro.[1]

  1. 1,0 1,1 "Fallece Montserrat Casas, rectora de la UIB". Diario de Mallorca. 31 de marzo de 2013. Consultado o 1 de abril de 2013. 
  2. "Homenaje a las 10 únicas rectoras de la universidad pública española". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  3. "Montserrat Casas Ametller, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-09-06. Consultado o 2020-04-25. 
  4. "Universia.es, 29-03-2007". Arquivado dende o orixinal o 06-10-2010. Consultado o 30 de marzo de 2013.