Montse González Álvarez

poeta galega


Montse González Álvarez, nada en Lugo o 8 de maio de 1972, é unha poeta galega coñecida co pseudónimo Magadán.

Modelo:BiografíaMontse González Álvarez

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, filóloga Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía

BNE: XX5629566 AELG: 552

Traxectoria

editar

Estudou no IES Ánxel Fole de Lugo e licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como normalizadora lingüística no Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

Coordina o programa de radio Verso a Verso, sección da emisora on-line Openradio.es[1]. Colaborou co Grupo colectivo CE-ARTE, de Lugo, entre novembro de 2013 e marzo de 2014.

En 2016 publicou a súa primeiro poemario en solitario, Chorimas serodias[2]: un poemario marcadamente intimista onde a poeta bebe das temáticas recorrentes na literatura do XIX como o amor e o desamor, o paso do tempo, a morte e a evasión da realidade, abeirándose no seu universo de maxín e fantasía. No libro poden apreciarse claras referencia á poesía rosaliana, así como ao simbolismo borgiano; destaca, asemade, a utilización harmoniosa que fai dos latinismos e cultismos ao estilo do culteranismo gongorino, presentes en toda a súa obra[3].

Libros colectivos

editar
  • Alén do silencio, 2014[4].
  • Un libro de libros, 2014.
  • Galiza-Moçambique: numa linguagem e numa sinfonía, Roteiro das artes internacional, 2016
  • Angola-Galiza: sementes da lingua, 2017
  • Manuel María -Libro Colectivo de Homenaxe no seu día das Letras Galegas 17 de Maio 2016, Deputación de Lugo.
  • Mondoñedo é Poesía 2014-2018, Asociación As San Lucas-Mondoñedo, maio 2018[5].

Libros colectivos en formato dixital

editar
  • Poemas pendurados de Farolas. Lumes nunca máis! Estraperlo Culturalia GZ, 2018[6].
  • As Rosalías abriron a fiestra, Estraperlo Culturalia GZ, 2018[7].
  1. "Verso a verso". openradio.es. Arquivado dende o orixinal o 21/11/2018. Consultado o 20/11/2018. 
  2. "Presentación del poemario de Montse González". lavozdegalicia.es. Consultado o 20/11/2018. 
  3. "Montse González Álvarez. Autobiografía". aelg.gal. Consultado o 20/11/2018. 
  4. "Alén do silencio". axendacultural.aelg. Consultado o 20/11/2018. 
  5. "Mondoñedo é Poesía 2018, o 1 de maio". axendacultural.aelg. Arquivado dende o orixinal o 21/11/2018. Consultado o 20/11/2018. 
  6. "POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS: LUMES NUNCA MÁIS!! por Antón de Guizán". culturgaliagz.com. Consultado o 20/11/2018. 
  7. "AS ROSALÍAS ABRIRON A FIESTRA!, libro dixital do Día de Rosalía 2018 en Santaballa". culturaliagz.com. Consultado o 20/11/2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar