Montecarmelo é un barrio da cidade de Madrid que forma parte do distrito de Fuencarral-El Pardo. Está situado ao oeste da autovía M-607 e ao sur da autovía de circunvalación M-40. Montecarmelo linda ao sur coa Colonia de Mirasierra e co PAU de Tres Olivos de Fuencarral, e ao leste co PAU de Las Tablas. Foi construído a a comezos do século XXI, e xurdiu como un Programa de Actuación Urbanística (PAU) por mor da elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1997 do Municipio de Madrid.

Modelo:Xeografía políticaMontecarmelo
Imaxe

Localización
Mapa
 40°30′23″N 3°41′58″O / 40.506427, -3.69948Coordenadas: 40°30′23″N 3°41′58″O / 40.506427, -3.69948
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
MunicipioMadrid
Distritos municipais (pt) TraducirFuencarral-El Pardo Editar o valor em Wikidata

O barrio ten forma de ril, con avenidas lonxitudinais e rúas transversais que fan referencia a diferentes mosteiros de España.

Nome editar

O nome deste barrio deriva dun rego próximo denominado Monte Carmelo. Este rego nace nas proximidades da Ermida da Nosa Señora de Valverde (patroa de Fuencarral) e discorre polo outro lado da veciña autovía M-40; a partir de Pitis únenselle outras correntes de auga menores e é coñecido como rego do Fresno, desembocando finalmente no Manzanares xunto ao nó que une a autovía M-30 coa M-40 e a Estrada de El Pardo.

Educación editar

  • 1 Escola infantil pública Sol Solito
  • 2 Colexios públicos de primaria Infanta Leonor e Antonio Fontán
  • Colexio Alemán Madrid, anteriormente situado na rúa Concha Espina

Infraestruturas editar

  • Anel verde ciclista
  • Parques con zona infantil
  • Cemiterio de Fuencarral

Transportes editar

Autobuses urbanos editar

As liñas 134 e 178 atravesan o barrio. Tamén dá servizo a liña N23, que circula polas noites; pasando por Praza de Castela, e indo por La Castellana até Cibeles.

Metro editar

Estación de Montecarmelo: Liña 10. A estación atópase no centro do barrio e implica un cambio de plataforma na estación previa (Tres Olivos). Estación de Paco de Lucía: Liña 9. Situada na conexión entre Montecarmelo e Mirasierra, na rúa Costa Brava con Monasterio de Las Hulgas.

Proximidades editar

Proximamente abrirá a Estación de Paco de Lucía de proximidade, permitirá a conexión coas liñas C-3, C-7 e C-8.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar