O Monte Wood é un cumio de 285 m de altura situado preto da Baía San Julián, na provincia de Santa Cruz, na Patagonia Arxentina.

Orixinalmente o monte foi chamado "Monte de Cristo" polo navegante portugués Fernão de Magalhães que, en 1520 invernou na baía e antes de partir mandou erixir unha cruz na cima desta elevación[1]. En 1670 o contraalmirante británico John Narborough explorou as costas patagoas, e John Wood, un dos seus homes, acompañado doutros mariños, inspeccionou a baía de San Julián, ascendeu ao Monte de Cristo e gravou nunha das rochas calcarias daquel lugar a inscrición JOHN WOOD. En 1746 a expedición de Joaquín Olivares y Centeno descubriu a inscrición e desde entón o monte é coñecido como Monte Wood[2].

O monte está a 7 km da cidade de Puerto San Julián[3]. Desde a súa base ata a súa cima, existe un parque temático de carácter relixioso, chamado Via lucis[4][5], e é un miradoiro natural que domina toda a baía e desde onde se avista a cidade e o océano Atlántico.

Notas editar

  1. Qui, in cima del piú alto monte, drizzassemo una croce in segno de questa terra che era del re di Spagna, e chiamassemo questo monte Monte de Cristo. Pigafetta, Antonio, Relazione del primo viaggio intorno al mondo, Istituto editoriale italiano, collana Viaggi Esplorazioni Scoperte, a cura di Camillo Manfroni, 1956, pág. 9. Dispoñible en liña en http://www.liberliber.it/mediateca/libri/p/pigafetta/relazione_del_primo_viaggio_intorno_etc/pdf/relazi_p.pdf Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
  2. Lenzi, Juan Hilarión, Historia de Santa Cruz. Lomelinos Hnos. Buenos Aires, 1980, pág. 199-202.
  3. http://www.mbendi.com/a_sndmsg/facility.asp?I=1804868[Ligazón morta]
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2014. Consultado o 01 de abril de 2014. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2014. Consultado o 01 de abril de 2014.