Monte Faro de Domaio

Coordenadas: 42°19′50″N 8°41′20″O / 42.330580555556, -8.6888111111111

O monte Faro de Domaio é un monte galego situado na península do Morrazo, na localidade pontevedresa de Moaña. Ten 636,20 m de altura e é a máxima altitude da serra do Morrazo que percorre a península de leste a oeste.

Monte Faro de Domaio
{{{PAGENAME}}}
Monte Faro de Domaio visto dende a ría de Vigo.
Localización administrativa
LocalizaciónDomaio, Moaña, Galicia Galicia
Características xerais
Altitude628,20[1] m

O nome do pico provén da parroquia de Domaio, na que se erixe. Domina as rías de Pontevedra e Vigo cunha situación estratéxica que o converteu nun importante centro de telecomunicacións.

No seu cumio atópase unha zona de lecer chamada Chan da Arquiña que rodea un dolmen e unha mámoa co mesmo nome, e que constitúe a ruta de sendeirismo homónima. O monumento megalítico posúe máis de 5 000 anos de antigüidade, e consta dunha cámara poligonal composta de 11 pedras verticais e dun corredor, composto de 5 pedras verticais. Ten orientación cara o leste. Nas escavacións encontrouse un enxoval funerario completo composto de diferentes útiles e ferramentas de pedra e fragmentos de cerámica.

Nel nacen varios ríos, pequenos e de caudal irregular, que verten, polo sur na ría de Vigo e polo norte na de Pontevedra. A vexetación está composta por bosque atlántico onde abunda o carballo e o castiñeiro, que van cedendo paso aos eucaliptos e piñeiros que veñen da man da reforestación con fins de explotación forestal.

O terreo é granítico con grandes rochas deste material. Unha estrada sobe até o seu cumio onde hai unha gran cantidade de antenas de todo tipo para servizos de telecomunicacións e televisión.

No cumio do Monte Faro de Domaio instalouse un vértice xeodésico de primeira orde.[2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Ficha en Turgalicia. (ed.). "Monte do Faro de Domaio". Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  2. Ministerio de Fomento. (ed.). "Ficha Vértice Xeodésico de Domaio." (PDF). Consultado o 20 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar