Coordenadas: 43°31′19″N 7°17′38″O / 43.522002071372, -7.2939683872734

O Monte Corneira ten o seu pico facendo límite entre os concellos de Foz, Barreiros e Lourenzá. Ten unha altura de 432 m, segundo o SIXPAC.[1] É accesible por diversos camiños, pero dificilmente en coche. Dende o seu cumio divísanse lugares como A Frouxeira ou a ría de Foz.

Vista do Monte Corneira dende Vilaronte, Foz.

Notas editar

  1. "Visor SIXPAC". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2015.